22/08/11

Meniños desdentados temporalmente.

Para moitos de nós o trauma de cortar o pelo cando rapaciños, foi moi grande, e non era por non darllo ò perruqueiro, era por perder parte de nós dese xeito hiperviolento con tesouras, rodeados de maiores, uhhh!!.

Pero o caso dos dentes de leite é grave, pois que a un meniño lle caigan cachos do minicorpiño que deus lle deu... só axuda a superelo un soborno, regalo ou pastel.
Para os máis pedagóxicos está este kit do Ratiño Perez, por 19€; que contén unha minicaixa para gardar o dente caido, pegatinas, calendario de limpeza dental, o conto do famoso rato e todo nunha bonita caixa metálica.
Pódelo atopar aquí, na nosa páxina.

É sabido que a esas alturas os meniños non poden ser sobornados con viaxes ó Caribe, Audis ou traxes de ningún modisto importante, por que ainda non lles dan valor.
Se ademais nesa operación intervén un ratiño, e non é preciso negociar cos superiores, o agasallo fará máis ilusión ainda.
O tal Ratiño Perez e a súa xenerosidade, serán lembrados durante toda a vida. Sen chegar a verlle segundas intencións ou pensar mal del, por terse levado o noso tan preciado ben.
A firma francesa Pylones tamén deseñou algo expresamente para este uso, Quenotte, unhas caixiñas con forma de moa, en diferentes cores, que poden usarse do dereito ou do revés.

Son do estudo de deseño Crea crea. Pódelas atopar aquí e costan 6€.

Ningún comentario:

Publicar un comentario