30/07/11

Vacacións para os mestres.

Nestas datas, lembrámonos moito da estupenda laboura, que os educadores fan cos nosos fillos.
Ocupándose deles durante todo o curso e dándolles cariño e dedicación.
¿Temo-los meniños a monte e non sabemos como educa-los?

É aquí onde entra en xogo o atractivo da temida didáctica. Non te arrepíes, non terás que face-lo ridículo diante do teu fillo,¡Se ese é o medo que tés!.
Tampouco terás que poñer voces, nen caras teatrais, pero ¡¡ xoga un pouco con el, é divertido!!.

Deseñadorísimas como Mlle Heloise , Cat the Cat ou Chloé Rémiat,
son as autoras das atractivas ilustracións de La Marelle.

Os Quebracabezas da firma francesa La Marelle , con preciosas ilustracións de deseñadoras con moita sabedoría e experiencia infantil, son unha boa desculpa para relacionarnos cos cativos e axudarlles a non senti-la despreocupación que algúns pais e nais, poden sentir ás veces por eles.

Puzzles de 54 pezas, para maiores de 4 anos, entre 13.50 € e 15.50 €,
pódelos atopar aquí na nosa web.

Non queremos futuros adultos con carencias afectivas nen tampouco futuros adolescentes aillados no teléfono e a web 2.0.

Axudalles e divírtete con eles, disfrutando destas ilustracións, ricas, ricas!!!.

Ningún comentario:

Publicar un comentario