13/08/11

Cañas viños e tapas.

Estamos de festas... e os usuarios seguro que tamén, os chiringuitos, as romerías gastronómicas ás que o ilustre Fraga nos acostumou, cas que xa non damos feito e as reunións con amigos, que veñen unha vez ó ano, rematan con toda posibilidade de facer réxime.
Cando non podemos co inimigo é intelixente, unirse a el.
Estos son os imprescindibles para levar a derrota con dignidade:
Vasos de cervexa en borosilicato, son de 23.50€ a parella e pódelos atopar aquí.

Tanto se eres de cervexa fresquiña como se eres de viño, podes disfrutar destas copas-vasos térmicos de doble corpo, especiais para momentos quentes.

Vasos de viño en borosilicato, son de 17.70€ a parella e pódelos atopar aquí.

Na preocupación por manter a temperatura, tamén podes usar estas fundas axustables, según que favoritismos teñas:
Fundas enfriadoras de 10.40, 10.60 e 11.30 €, pódelas atopar aquí.

Non pode faltar unha tapiña cos seus palillos redondos que logo poñeremos na comisura da boca como nos setenta, cando os dentistas non sabían nada do fío dental.

kikkerland Simpáticos palillos con mensajes, disponibles online y en Barcelona
Palillos Message on a toothpick, son de 3.60€ e pódelos atopar aquí.

Palillos con envoltorios impresos con citas de famosos e referencias á comida, por exemplo estas:

" Non preguntes o que podes facer polo teu país. Pregunta que hai para comer." Orson Welles.
" Un non pode pensar ben, amar ben e durmir ben se non ten comido ben." Virginia Wolf.

Tampouco podemos esquecer a presentación dos palillos, se estos son máis vulgares, non pretendemos que nos vexan como antihixiénicos e pouco sofisticados.

Palilleiros de 8.30, 5.30 e 7.50€, pódelos atopar aquí.

Hainos como se fosen bichos e outros mais automáticos, prácticos para non deixar tocar os que logo collerán os demais comensais.

U-LA Boutique pensa para ti.

Ningún comentario:

Publicar un comentario