26/08/11

Para xente desmemoriada e desorganizada... tamén hai deseño.

Organizarse é dificil, pero non imposible; perder as chaves e ter que chamar ós bombeiros non é unha opción para abusar dela.
Eles teñen cousas máis importantes que facer, como que apagar lumes ou entrenar para poder ter eses corpos cos que fantasear, quen teña esa fantasía.

Keypete é un deseño dos Isrraelitas Pelegdesign, por 13.70€.
Dispoñible tamén en negro e pódelo atopar aquí.

Este homiño, é un chaveiro magnético que pega nos dous extremos das mans, dun xeito fortísimo, así podes deixar as chaves na entrada ou en sitio visible, sempre que teñas un elemento metálico mínimo.


Doorganizer é de Monkey business, pódelo atopar na nosa web e o seu prezo son 14.95€.

Este organizador, cólgase no tirador das portas e pode valer para non esquece-las chaves, poñer cousiñas de uso frecuente e tamén para deixar o correo á vista e non ocultarllo ó interesado, a non ser que se faga intencionadamente.

O Magic Keyholder só o podes atopar en U-LA Boutique e o seu prezo son 27.75€.

Esto é unha decorativa peza inclasificable, pódese usar como organizador de correo e tamén para deixar, ou case, tirar as chaves, pois dispón dunha placa magnética potentísima, embutida na madeira, dese xeito calquera cousa metálica queda adherida "máxicamente".
Con esto podes impresionar ás visitas e facerlle a competencia á mesmísima Bruja Lola e os seus conxéneres.

Con estas propostas de U-LA Boutique, se perdes as chaves é por que non queres ser de deseño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario