27/05/11

Novos amigos.

A cinta adhesiva foi creada no 1930 por Richard Drew, un enxeñeiro de 3M, e dende hai 80 anos, incluso na actual era dixitotecnolóxica, ainda continua usándose en todo-los fogares e oficinas civilizadas e incluso sen civilizar.



Xa temos falado da famosa cinta xaponesa ou Washi Tape, da marca xaponesa Mark's Japan.
Pois nestes días, comprobamos o bo ollo que temos para adiantarnos ás tendencias; ó recibir unha proposta de colaboración dun novo Blog, específico, sobre a mencionada cinta feita de papel con base de arroz tamén chamada Maskin Tape.

Polo que parece hai máis persoas fans "desta solución de vida", e esto dicímolo por que se visitade-lo Blog amigo, comprobaredes como é posible obsesionarse co producto e "empapelar" todo o que pilledes por diante.





Esta cinta é lider de ventas en xapón e agora, tamén en Europa está arrasando. A última colección pódela atopar aquí.


En España somos catro os que nos adiantamos a moda; pero se a trouxemos é por que está cargada de suxerencias, ( reciclaxe de obxetos, renovación da papelería, practicidade...) e non se sabe de que xeito, consigue transmiti-la sensibilidade do quefacer xaponés, ademais de comunicar sensibilidade e delicadeza.


Dende un mural infantil ata customizar un prato se snacks; todo é posible neste mundo da MaskingTapeización.

1 comentario:

  1. I love washi tape. They are lovely.
    I invite you to see the "Special of washi tapes" never seen before.
    → http://u.bb/612581/especial-washi-tape-ha-empezado

    Cheers,

    ResponderEliminar