14/05/11

Suiza, o pequeno tamén é importante.

Marca suiza lexendaria no campo do menaxe funcional. Con mais de 60 anos inventando productos enxeñosos, fiables e moi, moi duradeiros.
O seu fundador Karl Zysset, fabricou o seu primeiro best-seller no 1948, tratábase dun prensaallos que valeu de inspiración para tódolos posteriores, que á sombra del, fabricaron tódalas firmas de menaxe.

Zyliss, detecta as necesidades dos consumidores, e pon no mercado cousas que ainda non sabemos que precisamos, pero que despois consideraremos imprescindibles.

Un pelador de tomates e de todo tipo de froitos brandos como ,tomates,Kiwis, peras... ainda que non te fai superfeliz, evítache come-las monda do tomate, ( ca que podes facer unha decorativísima flor, para a presentación), come-la froita aplastada, ou reducida a unh cubo, se a pelas con un coitelo.
O 5-Way Opener, é un "5 en 1" ademais de abrebotes, tamén un saca tapas de:
-Botellas de refrescos, cervexas...
-Tapas de rosca.
-Tapas con abrefacil.
-Tapas de latas de bebidas.

Zyliss, sabe que non todas somos forzudas e no ximnasio non nos obigan a traballa-los músculos da man, por eso inventou o abrebotes.


Dado que lle damos moito ó bote, podelo abrir é un adianto. Este modelo é o StrongBoy 2, está preparado con unha tira que se adapta a tódo-los tamaños de tapas.

Este video demostrativo, sacaravos de toda-las dubidas:


U-LA Boutique sempre util, ademais de bonito.

Ningún comentario:

Publicar un comentario