06/05/11

Novas "cortinas" ó estilo nórdico.NOVO

Os que coñezan o norte de Europa, coincidirán con nós que a cultura derivada da moral protestante, luterana... é radicalmente diferente do noso xeito de ve-la vida.

Non aparentar o que non se é, oculta-la vida íntima, as cortinas e outros temas que para nós son controvertidos, para un Holandés, Sueco, ou Alemán, non o son na mesma medida.

Aplicación do film, Ella & Ceasar de Johanna Lindgren Örn.

Neses lugares o feito de poñer cortinas para dar máis privacidade, non é extrictamente necesario, por que "non teñen nada que ocultar" ós seus veciños e ademais, estas tapan a pouca luz solar da que dispoñen no perpétuo inverno que teñen que sufrir.

Aquí temos máis luz.
Pero gústanos preserva-la intimidade e se-los primeiros en conta-la nosa vida, preferíndoo a escoitala na carnicería ou na caixa do Supermercado, na boca doutra persoa.


Estas estudantes suecas, de Deseño téxtil, Johanna Lindgren Örn e Sofía Löfstedt deseñaron un novo método de preserva-la túa cociña, salón, WC... das miradas impudorosas.
No 2003 gradúanse, e como proxecto final crean estos films de plástico adhesivo e removible.
Fundan, nese momento o estudo e marca Strössel Design en Estocolmo.
No 2008, incorporan un socio que se ocupa da distribución, e grazas a eso están aquí.


Aplicación do film, Orkide de Johanna Lindgren Örn.

Trátase dunha película translúcida, para as ventás, que se pode poñer e quitar moitas veces.
Aplícase facilmente mollando o vidro con auga e xabón, logo poñemo-la película e axudándose dun trapo remátase o asunto.
Aplicación do film, Pelargon de Johanna Lindgren Örn.

O efecto é o dun cristal esmerilado, estampado, que deixando pasa-la luz, non permite a visión dende fóra, incluso se é de noite e temo-la lámpada prendida.
Como se trata dunha especie de visillo , se queremos mirar por derriba ou por debaixo, podemos seguir interesándonos polas vidas dos veciños, transeuntes, etc.


Aplicacón do film,Löv de Johanna Lindgren Örn e Sofía Löfstedt.

Suminístrase en tiras de 34 x 88 Cm. ou de 48 x 120 Cm. e como se poden cortar á medida, estes dous tamaños valen para case toda-las ventás e portas estandar.

U-LA Boutique ten o pracer de ofrecer estos films.
por primeira vez e en exclusiva neste país.
Deseñados e feitos, totalmente, en Suecia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario