10/05/11

Maquíllate, maquíllate, sombra aquí, sombra...

Maquilla-la vida que nos toca, ou pinta-la de cores, ainda que non sexa unha solución definitiva, está demostrado que axuda psicolóxicamente a continuar adiante.
Tentar vela con máis optimismo e mesmo ler libros de autoaxuda, pode supoñer un estímulo, mellor que ir á perruquería, comer chocolate, beber ou drogarse.

Vinilos adhesivos para disfraza-los teclados con efectos retro, de Sofía Antonovich, para Les Invasions Ephemeres.

Para a maioría de nós, traballar é necesario e vivir esperando á fin de semana non é recomendable, pois non disfrutamo-lo momento.


Algunhas das alternativas para cambia-la escenografía do teu espazo laboral, non teñen por que supoñer instalar un tabique, pladur ou cortinas para facer invisibles ós teus compañeiros de mesa, tampouco se recomenda falar mal ou facer campañas para que os trasladen, esto é unha arma de dobre fío.
Vinilos de aspecto textil, Liberty, para decora-la mesa,paredes ou mobles, de Sofía Antonovich, para Les Invasions Ephemeres.

O mellor é socializar con eles, falar de ensoñacións, das festas gastronómicas que se aveciñan e tamén das novidades de U-LA Boutique no mundo do deseño... do diferente!!

Pizarra de Caroline Kim para Umbra, proxecto gañador de Umbra-Prat Design Competition.

Pode haber solucións máis "sostibles" para esa situación, tendo en conta que as vacacións de verán quedan a certa distancia e que o noso lugar de traballo ... ¡¡ Non é tan terrible !!.


Le Sticker Fusées
Vinilos Fusée de Sofia Antonovich, para Les Invasions Ephemeres.

Nós e tamén os deseñadores, listos e piadosos, decatámonos desto e procuramos
facercho
máis levadeiro
con unha dose de mordacidade, humor e algo de poesía.


Grapadora Vanity de Crea Crea , para Pylones.

Se ainda así vemos que non funciona, mellor será que pensemos en evadirnos temporalmente,
un xogo
disimulado na parte traseira da calculadora, pode valer.

CALCULADORA CON JUEGO BLANCA
Calculadora con xogo do labirinto de Addex, para distraerse sen que ninguén o sepa.

Reláxate, diténdete con U-LA Boutique.



Ningún comentario:

Publicar un comentario