23/05/11

Todo volta, incluso os bos costumes.

Cando íamos á praia ca fiambreira de aluminio anodizado; con varios pisos, para a tortilla, o polo e demais preparacións domingueiras, non pensabamos que puidera inventarse nada mellor.

Pero resulta que estos recipientes térmicos chegaron do futuro, para nos desenganar e facernos recupera-las boas formas outra vez.
Bento lunch box.Con dobre parede de foam, e varios tamaños. O seu prezo é de 26.30€ ou 22.80€, según o tamaño e pódelos atopar aquí.

Trátase dunha marca famosa dende os anos cincuenta, chamada Aladdin que fai recipientes e bowls térmicos con tapas herméticas.
Con plásticos para uso alimentarios que cumplen as medidas máis esixentes do mercado ( libres de Bisfenol-A), e permiten meter todo tipo de comidas dentro, sen perde-la temperatura e...

...levalas á oficina, á praia, de viaxe ou de picnic campestre, sempre sen perder estilo.
Estos son da colección Artistic Series, con ilustracións de Amy Ruppel e Matte Stephens. O seu prezo é de 23.20€ e pódelos atopar aquí.

Conservan a temperatura en quente ou frío entre 1.5 e 5 horas garantizadas, dependendo do modelo, e ademais de non perder unha gota, dispoñen de separacións interiores, para dividi-lo contido.
Non penses que eres cutre, non teñas medo, o que eres é cosmopolita e evolucionada.
Ademais é unha práctica idea, que sepas que o resto do mundo aprecia este concepto e xa se benefician deste invento dende hai moitos anos.

Saude, economía e comodidade, son as tres razóns para retoma-lo tuperware, pero agora con máis prestacións, calidade e con megadeseño.

De feito este producto ten máis dun premio de prestixio ó deseño industrial.

U-LA Boutique mira por ti.

Ningún comentario:

Publicar un comentario