12/09/11

Super-motorizate.

Neste outono inverno e de agora en diante poderemos ser as mais chic de tódolos supermercados da volta.
Ben sexa do Corte, Erosky, Mercadona, Alcampo ou incluso do Dia ou Familia, en todos eles causarán furor e terás que ter conta deles pechándoos ca cadea.
Carro Sumo Urban Girl deseñado por Magali Rieusset.
O seu prezo son 54.95 € e pódelo atopar aquí, na nosa páxina.

Son os carros de Derriere la Porte desta temporada. Os seus creativos estiveron traballando a todo meter, para ofrecernos estas preciosidades e auténticas alaxas que complementan o noso look sen ter que maquillarse, para lucilos.
Carro Dolly legumes, deseño de Bilb, por 57.90 €, pódelo atopar aquí.

Feitos en materiais vinílicos ou de polipropileno, dan moi bo resultado incluso en climas tan agradecidos como o noso, pois repelen a auga e a suciedade límpase moi facilmente. Polo que pasarán anos antes de que se estropeen ou deterioren.
Terás que estar disposto ou disposta a ser a envexa da vecindade, e en todo o rueiro darás que falar.
Carro Miss Chic da deseñadora estrela da firma: Valerie Nylin.
Por 45.50€, pódelo atopar aquí.

Diferénciate deses/as que levan os carros de regalo por puntos do Gadis, que parecen do reparto de correos e non duran máis que unha compra.

Podes optar polo tradicional de dúas rodas ou por outros de seis, para subir as escaleiras comodamente.


Con estilo e distinción comprarás mellor,
serás máis feliz e impotaranche pouco as noticias da TV.

Ningún comentario:

Publicar un comentario