06/09/11

Reinformatízate con estilo.

Supón un comentario xeral, a estigmatización dos profesionais da informática.
Esa clásica imaxe de Heavy, desfasado, descoidado, ou o estereotipo do peliño graxento e perpétuo acne ós corenta anos, vai sendo unha proxección equívoca dos pobriños informáticos.
Hainos máis cool, ó día nas tendencias, que ademais de xogar no PC, disfrutan da estética e dos seus avances; e incluso sabemos que existen un nutrido grupo que ollan o Neo2.

Por eso queremos ensinarvos o último que temos incorporado á nosa boutique.
Esta funda para o portatil é como un tomo de enciclopedia, de xeito que levandoo nela...¿Quen o vai querer roubar?
Seguridade e protección contra raiaduras ou nechas. Tamén humor inglés que podes atopar por 45.50€, na nosa boutique.

Este modeliño de rato é apto para Mac, Windows vista e deseñado en UK,
pódelo atopar aquí, por 19.95€.

Por que os deseños menos ergonómicos tamén nos poden producir benestar, lembrarnos a nosa infancia ou aportarnos humor, non precisamos sempre estar rodeados de miles de cables feos. Ademais podemos sair do master-cuarto-informático e dirixíndonos á cociña, facer un estupendo asado con sabe-deus-que, para recuperar a vida de parella, que a informática nos ten roubado.

Manoplas do deseñador Anderson Horta, por 17.90€ na nosa páxina;
cociña sen deixar á informática.

SI, EXISTEN OUTROS MUNDOS PARALELOS
Ó CABLE DO PC.

Ningún comentario:

Publicar un comentario