20/09/11

omnipresente MOVIL.

¿Saberíamos vivir sen el ou teríamos un shock se de repente as antenas deixaran de funcionar?, como o argumento dunha desas "boas" películas de catástrofes, diluvios, terremotos, etc, feitas en EEUU.


Para evitar dependencias frustradas e máis para acudir no auxilio dun desventurado e imprevisor usuario da telefonía movil, inventáronse estas axudiñas.

Bateria para iPhone ou iPod.

Pódela atopar aquí e o seu prezo son 28.75€

Recárgase mediante o cargador correspondente ou atraves de USB e proporciona ata 250 horas adicionais en espera, ( Standby ) ou ben 5 horas de conversa, ou ben 20 horas de reproducción de música.

Tamén dispón dun indicador luminoso, de estado da carga.

Non quedarás sen falar, comunicarse atraves do smartphone é o primeiro.
Mentres ves a mala TV, mentres parece que traballas , cando estás cos amigos de cañas ou cando compartes uns minutos ca familia, á que non aguantas.

Cargador de emerxencia con adaptadores intercambiables incluidos, para móviles Nokia, Samsung, Sony-Ericson, Blackberry,iPod, LG e HTC.

Utiliza 1 pila AA, non incluida. Acabado en alunminio anodizado con textura.

Pódelo atopar aquí, o seu prezo son10.50€

Sempre co aparatiño pegado, xogando, falando, ollando o correo, e por suposto...¡¡Ti ó teu!!, sen que ninguén te interrumpa para comunicarse contigo, se quere facelo que chame o movil que pra eso está.

Paradoxas da comunicación,
canto máis cerca estás, menos sei de ti.

Ningún comentario:

Publicar un comentario