22/09/11

O tempo enlatado.

¿Por que meter un reloxo nunha lata de conservas?
Cando vexamos ó autor deste reloxo despertador dixital, teremos que preguntarllo. A de ser algún tipo de mensaxe poético, relacionado co tempo e a conserva.
Despois de moito esperar, voltamos a dispoñer dun dos máis exitosos productos da firma Kikkerland.
Intriga, diversión e agradables sorpresas é o que se esconde detrás de cada producto desta marca fundada en 1992 e que está presente nas principais tendas e museos contemporáneos, do mundo.
Dispón dunha placa magnética na parte traseira, ca que poderás deixalo adherido, en calquera compoñente metálico, camas, mesas, carcasa do ordenador,etc.
Funciona con pila e polo seu deseño compacto pódese empregar como despertador de viaxe.
Tres conservas diferentes, entre elas dous tipos de atún e salmón. ¡¡ E con abrefacil !!.

Os Clock in a can costan 7.40€ e pódelos atopar na nosa páxina.

Ningún comentario:

Publicar un comentario