28/09/11

Oficina conbinadissssima.

A maxima da conbinación: bolso, cinturón e zapatos; exténdese ó deseño da túa mesa de traballo e ademais, incluso feito polos serios e minimalistas do ¡¡¡ DESEÑO !!!: LEXON.

O ter uha grapadora dun xeito, unha perforadora doutro e ademais a calculadora na cor que deus a deseñou, xa se pode evitar hoxe en día. Como se pode ver.


Todo feito polos irmáns Wright, deseñadores da firma francesa Lexon, Jeremy & Adrian Wright; autores ingleses, doutras moitas máis obras de arte.
A variación cromática en degradado fai deste conxunto Buro, algo digno de exibición, só terás que situar os diferentes compoñentes do kit frente da vista para ollar unha escultura, ademais quedarás diante dos xefes como eficiente, ordenada e pulcra.

Perforadora Buro por 16.90€, busca aquí ,
e expendedor de celo, por 13.95€, busca aquí.

As pezas máis destacadas e prácticas son o calendario, dispensador de celo, calculadora, perforadora e grapadora, feito en acabados de caucho mate e co nome da ferramenta tatuado no lombo, para telas localizables cando están ordenadas.

Calculadora Buro por 14.65 €, atópao aquí ,
e calendario electrónico, por 19.95€, atópao aquí.

¿Quen é o que non quere ir á oficina?
con estas xoias na mesa.


Ningún comentario:

Publicar un comentario