26/09/11

Café para todos.

Ven o outono e aparte de segir as coleccións quiosqueiras, de como facer miga de pan e a dos coches de época, ímos facer máis vida na casa e polo tanto, ou vemos a TV,( que xa non se leva), ou conversamos cos amigos tomando un café.

E falando de café, como diría Mayra Gómez Kemp, lévanos a pensar onde... en que recipiente super selecto,(¡ como nós mesmos !), imos a tomar a droga legal e diurética.
Estas propostas poden interesar só ós moi cafeteiros.

O Hangover mug pódelo atopar aquí e o seu prezo son 39.90€.
Como podedes ver trátase dunha inxesta perigosa, só para profesionais do café. Tamén hai que pensar no entrenamento previo, pois levantar ese peso require de certa forza.

Para xente con gustos esactos e cas cousas claras o mellor e dispoñer do pantone de cores e dese xeito poder repetir o café ou que cho repitan, na mesma exquisita concentración que tanto che gusta.
Este excéntrico modelo de mug ofrece esa posibilidade pois ten impreso o mencionado pantone no seu interior.
MyCuppaCoffee é da firma británica Suck UK.
O seu prezo son 8.85€, pódela atopar aquí.
O mug máis o quentador USB, costa 16.40€ e pódelo atopar aquí.

Se estás moito tempo pegado ó ordenador e non queres saber dos humanos, máis que o mínimo, podes ter quente o café ou infusión con este quentador de sobremesa, dotado dun enchufe USB que ademais recollerás con pulsar un botonciño.

En contra do que din os médicos e os naturistas o café, é boa cousa para o organismo, igual que o tabaco, o viño tinto, a cervexa e a empanada.





Ningún comentario:

Publicar un comentario