09/07/11

Cumple de Joi D'art.

A nosa firma de xoiería favorita Joi Dàrt e ca que levamos catorce anos colaborando, está de 30 aniversario.
Para conmemora-lo fixéronlles unha exposición no mes de Maio, no FAD, Foment de les Arts i del Disseny, de Barcelona, chamada TRAÇOS 1981-2011, JOID'ART.
Xa está aquí o video de Joanot Cortés.
Podedes ve-los a eles e un pouco dos seus procesos.



Varias das pezas que se mostran formaron, nalgun momento, parte da nosa tenda.
Nós sentímonos moi orgullosos de ter apostado polo deseño, incluso en tempos máis difíciles.

E para as privilexiadas que teñades unha das súas creacións, ademais de posuír unha obra de arte, sabede, que tamén colaboráchedes nesto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario