16/07/11

Cando todo pode chegar a ser poesía...

Non só a literatura e a música, teñen o patrimonio poético da creación.
Tamén a escultura, a pintura e como non o deseño.
Obxetos que engaden un contido, ademais da estética, son os nosos preferidos para facer un agasallo, pois estamos regalando unha pequena e simpática reflexión.


Porquiño de carnicería, con despece do seu contido. Deseño de Liz Goulett Dubois. O seu prezo é de 17.75€, pódelo atopar na nosa web.

Podes aforrar para unha liposucción, unhas vacacións ou cousas máis ó alcance dos malos aforradores, como donuts ou roupa interior.


Porta bolígrafos tapa, de porcelana, deseño de Martin Broen e Silvina Iglesias. O seu prezo son 12.50€´pódelo atopar na nosa web.

As imaxede toda a vida tamén esconden esa poesía. Como esquecer esa tapa que comimos durante tantas horas mentres nos falaban de ecuacións, límites, tanxentes ou derivadas, ás que nunca fumos capaces de enter por máis de 5 minutos seguidos.


Taco de notas, con estampado de auténtico taco de 600 folliñas. O seu prezo son 9.45€ e pódelo atopar na nosa páxina.

Só lle falta o cheiro a madeira para conseguir evoca-lo resto da carpintería.

U-LA Boutique é unha poetisa frustrada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario