19/07/11

Comodidade ante todo.

Dende que xa non nos permiten que contaminemos os regatos con bolsas de plástico e ata que se lles ocurra outo xeito de entreternos, ímos ter que nos acostumar a leva-la bolsiña ó super como as nosas aboas ou nais o faian antes de Boney M, María Jimenez ou Miguel Bosé.
Como non todos ides ó ximnasio (ainda), o mellor e que esas bolsas leven rodas incorporadas, ¿Que menos, na era da motorización?
Modeliño art-deco,de 29.70€, pódelo atopar neste link.

Estes carros plegables son dun textil alemán altamente resistente, non se enlixan facilmente e se así fose, tamén limpan facilmente con un pano húmido e quedando como novos.
Falttroll / Foldable Trolley I like shopping cu0020 Reisenthel Falttroll / Foldable Trolley grafic cu0002 Reisenthel
Modeliños shopping de 27.90€ e grafic,de 29.70€, pódelos atopar neste link.

Ademáis son prácticos, pois encártanselle todo-los compoñentes nuns 8 segundos e o peto exterior traseiro, do carro, é a propia bolsa que o recolle, para que cando o levemos recollido sexa a envexa de tódalas veciñas e a conversa da academia de manualidades.

Falttroll / Foldable Trolley I like shopping cu0020 Reisenthel Foldable Trolley love
Modelos shopping e love de 27.90€.

Algúns dos últimos e máis exitosos estampados da colección veñen rematados con unha bolsa de cor lisa e peto estampado.



Vede como se plegan e desencartan con moita facilidade e rapidez, non precisamos ningun curso de formación do INEM. Tampouco é preciso poñerse nervosa e tropezar cas cremalleiras como a protagonista do vídeo.
podemos facelo nós mesmos nun momentiño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario