23/07/11

Alegrías con estilo.

Ter cousas feas na casa xa non é preciso, todas esas cacharrerías de gran superficie, onde non se aprecie nada de especial, simplemente cousas básicas, necesarias e que podemos utilizar pero, ¡¡¡ nada de pedir que transmita algo!!!. Eso non é para a masa.
Cesto da roupa Sale de Mâle, o seu prezo é de 32.90€ e pódelo atopar aquí.

Certo punto de inocencia estética, nas ilustracións un pouco Naïf, son o que caracteriza a toda esta nova utilidade doméstica cargada de ironía, deseñada por Valérie Nylin e Bilb.
Caixa para tiritas con 20 unidades, para pupas e accidentados habituais etc.
O seu prezo é de 7.60€ e pódelo atopar na nosa boutique.

Levar esto no bolso ou ter cousas como estas debaixo dos pés teletranspórtanos a outra realidade que ademais de resultar unha viaxe supereconómica, é desestresante e refrescante de verdade.

Pesa de baño con un obxetivo imposible...o seu prezo é de 42.70€ e pódelo atopar aquí.

As accións diarias como mante-la limpeza, orde e hixiene básica da casa, poden resultar reconfortantes e levadeiras.
Non precisamos ver plasticos puros e duros que nos lembren a pouca gana de innovar dalgúns.

Papeleira de baño Aux petits soins,o seu prezo é de 24.30€ e pódelo atopar neste link.

U-LA Boutique quere formar un "grupo terrorista" para atentar contra o mundo do aburrido.

Ningún comentario:

Publicar un comentario