16/12/10

Tecnoloxìas sorprendentes.

Nestas datas de compromisos inevitables e de necesidade de regalar, convèn non perde-lo norte e lembrar que regalamos para agradar, sorprender e desde logo , non facemo-lo traballo de buscar, decidir e gastar para que outro regale o mesmo que nòs. ¿Verdade?

Cando temos pouco tempo e moito que facer, convèn ter en conta que:

-a/Non podemos regalar cousas que parezcan cutres, pois eso serìa un desprezo para o regalado/a.
-b/Ir ò de sempre, calcetìns, garavatas etc, son soluciòns desesperadas e tampouco demostran terse tomado algo de esforzo na sùa bùsqueda.
-c/ Os" regalos do ano", como o ano dos mòviles, o ano da videoconsola, o ano do portatil etc, son resultòns pero pouco orixinais e cando se xuntan os amigos despois do nadal, quedamos como pasmòns despois de gasta-lo diñeiro e ser vulgares.
-d/Os electrodomèsticos non son unha opciòn politicamente correcta, para as mulleres de hoxe. Moitas veces tampouco para o home, por que non os usa se son para traballar.
-e/Por ùltimo dicir que temos de case todo nas nosas casas.

Esto que presentamos GRATIS, è unha mostra de orixinalidade inèdita e non publicada en ningunha revista nen suplemento dominical, e seguro que se lle pode sacar partido:

Piripicchio Red  Clothes shaver Alessi - Stefano Giovannoni  Shop for design furniture and decoration with Made in Design
Piripiccio,È de Stefano Giovanonni, para Alessi.
Afeitador de xerseis e prendas que fagàn peeling, (boliños de la), apto para mulleres e homes de calquera idade, que lles guste ir como novos às sùas citas ou ò traballo .
Inclùe un cepilliño dentro do depòsito, as pilas, e ten un protector para garda-lo cando non se usa, fabrìcase en tres cores, azul, verde e laranxa.



Reloxio despertador dixital, Lata de conservas.
Para persoas con humor e necesidade de erguerse antes das 16.00Hs. do dìa.
È da marca Kikkerland, ven con abrefacil e dispòn dun iman no fondo, fabrìcase en conservas de dous tipos de atùn e salmòn.

Reloxio de parede"Sliced grandfather clock"
Unha autèntica tallada de reloxio clàsico de parede, semella unha tìpica esfera dos reloxios do abò, pero aforràndose algùns detalles innecesarios para ve-la hora.
Apto para quen ten casa propia ou quen a comparta co seu banco ou caixa de aforros; ben sexa clàsico ou moderno pois combina e entra en calquera espazo.


  Llavero en forma de guitarra española.   Este divertido llavero, tiene música y funciona con dos pilas AG13 que vienen incluidas.   No te lo pienses más personaliza tus llaves con este llave...  Llavero en forma de guitarra eléctrica.   Este divertido llavero, tiene música y funciona con dos pilas AG13 que vienen incluidas.   No te lo pienses más personaliza tus llaves con este estu...

Chaveiros con son de guitarras españolas ou elèctricas.
Son da firma española Balvi, dispoñen dun botòn donde se seleccionan as melodìas, na parte traseira. Todas son mùsicas coñecidas e recoñecibles, que soan ò tocarlle nas cordas, facendo diferente son segùn a velocidade ca que se toque e a posiciòn dos dedos.
O corpo da guitarra mide uns 8 cm.
Apto para mùsicos clàsicos e para espìritus rockeiros.


ScandiPhone - RedtrimPhone - Red


Dreyfuss 500 BlackSeries 302 Red
Reediciòns actualizadas de telèfonos emblemàticos, da firma Inglesa Wild & Wolf.
Sò esta casa ten os dereitos de reproducciòn polo que non hai duda da sùa calidade.
Todos veñen adaptados às clavixas do noso paìs.
Aptos para quen lle gusten os grandes exitos do pasado.

O ScandiPhone, moi popular no resto de Europa nos anos cincuenta, considerado o mellor deseño da sùa dècada, forma parte da colecciòn permanente do MOMA. Dispoñible en prateado e vermello.
O TrimPhone, dos anos setenta. O primeiro telèfono electrònico da historia , està presente na exposiciòn do museo de Greenwich, Londres. dispoñible en vermello e branco.
O Dreyfuss 500 Desk Phone. Telèfono coñecido por sair en todo-los despachos das pelìculas americanas dos anos cincuenta. Foi o mais vendido nesa dècada.
O 302 Desk Phone, dos anos trinta. Do mesmo deseñador industrial Henry Dreyfuss, que empregou un equipo de mais de 2000 persoas para face-lo ergonòmico telèfono, que ademais foi o primeiro en incorpora-la campà na base.

Tocadiscos con mando a distancia, da marca española Fisura.
Un pequeno aparato nostàlxico pero eficaz; ò que seguro, moitos esperan atopar algùn dìa . A forma lembra òs dos sesenta, pero o interior està actualizado.
Apto para fans do vinilo .

Reloxio proxector ovo. Da firma Holandesa karlsson.
Tràtase dun reloxio de sobremesa, con proxector de moita nitidez que permite ve-la hora na parede, incluso en espazos con luz natural ou artificial , con unha distancia mìnima duns 60cm. e màxima de varios metros.
A definiciòn da proxecciòn axùstase con un regulador, facil de manexar e o ovo fìxase ò soporte rotatorio con imàns, para facilita-la orientaciòn.
Apto para xente de toda-las idades, pero mellor se lle gustan os aparatiños.

Aspiradores de migas, da firma inglesa Kitchen Craft.
Son elèctricos, de boa potencia.Veñen ca pila e dispoñen dun compartimento interno para almacena-lo lixo, facil de limpar.
Edìtanse mais bichos (vaca, porquiño, etc.), pero o mais popular è o camiòn do lixo.
Aptos para quenes poñan pan na hora de comer e lles guste te-la mesa impecable de faragullas.

Saca tapas de cervexa ou refrescos, con son.
Editados pola firma inglesa Kitchen Craft.
Cada un destes artefactos mide 7cm. aproximadamente e estàn dotados den sistema de contacto, que ò toca-la tapa metàlica da botella, soa con unha melodìa relacionada co deporte do que verse o abridor.

SAFE CALCULADORA DUAL SOLAR BAMBOO
Càlculadora Eco friendly deseñada por Pierre Gama & Elise Berthier para a firma Lexon.
Tràtase dunha colecciòn de obxetos ecolòxicos, desde o pròpio plàstico, feito con fibra de millo à madeira que se emprega, de bambù; e por suposto as mini placas solares das que està dotada.
Apta para persoas respetuosas coa ecoloxìa e comprometidas co futuro.

DOLMEN RADIO RELOJ LCD BAMBOO
Radio despertador Dolmen de Lexon. Feito con madeira de bambù.
Mide uns 11 cm. e està preparado para sintonizar radio, con baixada automàtica da intensidade, amplificador de MP3, Snooz e iluminaciòn da pantalla, para non molestar òs demais.


LONG RADIO RELOJ LCD NEGRO

Radio despertador Long de Marc Berthier para Lexon.
Sofisticada/o ata os lìmites, con acabados de aluminio e madeira, aparenta gran formato pero mide sò 20 cm.
Apta/o para personas con gustos minimalistas e nada barrocos nen clàsicos, homes e mulleres, incluso entre 25 e 45 anos. Absterse persoas maiores, sò pola falla de habilidade manual.


Caixas de lentillas de Pantone para Kikkerland.
Cinco cores diferentes, feitas en ABS e silicona. Un perfecto regalo para quen non ve; xa que no mercado non hai estas exquisiteces.


Weizenbierglas Ferracioli F09Weizenbierglas Formfindung F09Weizenbierglas St. James F09
Vasos de cervexa de Formfindung, Laura Ferracioli e Alena St. James para a marca alemà Ritzenhof.
È sabido de todos que os oriundos de este paìs saben de cervexa, e esta firma edita todo-los anos unha colecciòn de vasos, etc. de deseñadores europeos, sempre ca mesma forma e tamaño (aprox. 27cm.).
Veñen moi ben presentados nun tubo cos datos do deseñador ou deseñadora e uns pousa vasos estampados co mesmo deseño, ademais dun libriño da colecciòn.
Perfecto para fans da cervexa.

Conclusiòn: sorprender, ser orixinais, diferentes e un pouco exclusivos garantiza que esa demostraciòn de cariño ou amor non se convirta en unha frustraciòn para as dùas partes.

Por certo, nos somos profesionais do regalo e levamos resolvendo estas cuestiòns desde hai mis de 13 anos, por eso filosofamos tanto sobre este tema e sabemos aconsellar os nosos clientes, dispoñemos de moitas opciòns e prezos.
Escoitamos o que nos queran contar e mediante unha tecnica depurada que convina sabedurìa, intuiciòn e bola de cristal, logramos acertar no 95% dos regalos. Ven a U-LA a comproba-lo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario