27/12/10

Italia non è sò pizza e gòndolas.



Esta firmaItaliana, nacida no 1964, en plena època hippie, ten actualmente o catàlogo de tolerìas mais rariñas que se poda imaxinar. Està ubicada cerca de Milan.

Cando, nas feiras de reputaciòn do sector, se pasa por diante do seu stand, obsèrvanse persoas que miran perplexas para a exposiciòn. Seguramente pensaràn , se non coñecen a firma, que se trata dunha exposiciòn artìstica e que por suposto eso non è para vender e polo tanto non saberàn que fai eso, alì.
Pois os profesionais do sector , moitas veces sò son tendeiros, non coolhunters como nòs, en busca de tendencias, que ainda non son nen sequera eso.
Takeaway Milk Carton JugSELETTI DAILY AESTHETICS PEPPER SHAKER
Sal-pementeiro da colecciòn Estetico Quotidiano de SELAB e Alessandro Zambelli.

O equipo de deseñadores e proxectistas està liderado por Stefano Seletti e a sùa irmà Miria, ademais doutros colaboradores como Alessandro Zambelli, Vittorio Boni, Studio Badini e ocasionalmente mais deseñadores Italianos.
O producto que fan està en posesiòn dunha arma diferenciadora, que è a personalidade, e certa dose de provocaciòn non lle falta.
Pero nel vese unha miga de espìrito punk, mais que hippie, que se lle poderìa presupoñer polas sùas orixes sesenteiras.
Contan que toda-las ideas pasan por un laboratorio chamado SELAB , creado no 1988, que filtra e elabora os deseños que logo se materializaràn, industrialmente falando.
_Palace

Palazzos do Governo , da Signoria e Borghesse, feitos en porcelana Dolomita; de SELAB e Alessandro Zambelli.

È especialmente especial a colecciòn de Palazzos representativos da arquitectura italiana, constituida por sets de seis pratos fondos, chàns ou sobremesa, con un cunco con patas, que fai de tellado, feitos en porcelá dolomita.
Teñen a curiosidade de que, cando estàn xuntos forman un edificio que reproduce, a escala, as caractrìsticas do edificio orixinal.
Cando se decompòn transfòrmase nunha vaixela cuio interior reproduce , no estampado , as divisiòns das plantas do Palazzo.

Toda a producciòn de Seletti està relacionada co mundo da arte e aprècianse referencias ò seu paìs , en moitos dos productos.
Estetico Quotidiano di Seletti
Bandexa con seis vasos de cafè e seis axitadores da colecciòn Estetico Quotidiano, de SELAB.

O mais popular è a colecciòn Estetico Quotidiano, composta por menaxe feito en porcelá fina, que "copia" os envases de aluminio, cartòn e plàstico desfeitables.
Ainda que tòdo-los anos se amplia e enrriquece con novas creaciòns e acabados, as pezas mais populares son a leiteira de tetrabrick aberto e os saleiros de lata de conservas aberta. Xa hai no mercado copias cutres dalgunhas das pezas desta colecciòn.
Mellor te-las orixinais, que son verdadeira porcelá e se non un dìa desapareceràn estos creativos do mercado.

Reloxios de area de, exactamente, 5 minutos. Vidro serigrafiado con tinta metàlizada e areas metàlicas . Deseñado por SELAB.


Dominò de cristal transparente e negro. Deseño de SELAB.

Baleirapetos de porcelá estampada en prateado, de SELAB.

Cuncas para cafè ou infusiòn estampadas co plano de cidades . Deseñado por SELAB.

Ainda hai mais pero as estadìsticas din que non se deben facer post tan longos, pois o lector non quere ler.
Se vos apetece ver mais, podedes face-lo en directo en U-LA Boutique.









Ningún comentario:

Publicar un comentario