07/12/10

Apaga o teu lume con Glamour.

Nova firma para a nosa casa. FIRE DESIGN, marca francesa de calidade garantida.


Fundada por Rodolfe Gimenez, hai uns anos que creou un novo concepto para os nosos fogares, ùnico en Europa.
Tràtase duns modelos de extintor de po , que ademais de ser fàciles de recargar, sirven para apagar todo tipo de lumes.
Diferencia esta, moi importante pois os extintores de espuma sò poden apaga-los lumes de madeira, tecido e papel.
¿Que farìamos co lume da cociña que nos destrozarìa a nosa encimeira e mobiliario, no que invertimos varias pagas extraordinarias e parte do que destinàbamos a ciruxìas estèticas?

Firedesign

Veñen ademais con uns pràcticos soportes para colocar, si queremos, na parede. Por que esto è ademais de ùtil e necesario, unha verdadeira obra de arte, que hai que ensinar en sitios privilexiados da casa.
Teñen un nùmero de rexistro e concesiòn grabado no tanque, que determina o tipo de extintor que è, ademais dun indicador que permite visualiza-lo bo estado de funcionamento. O dispositivo selado da clavixa , garantiza o producto contra calquera defecto de fàbrica.
Estàn pensados para uso domèstico, pois as normativas europeas para locais comerciais, non deixan entra-lo deseño nos usos industriais. Xa que os extintores para as fàbricas, hostelerìa, etc. deben ser sempre de cor vermella, dar suficiente medo e ser doados de atopar.

Realmente estes son moi fàciles de localizar e non pasaràn nunca desapercibidos.


Dispoñen de varios acabados, desde imitaciòns de botellas de viño francès, textos en prateado, con simil a incrustaciòns de nacar, moi alternados, ata estampados"pop psicodèlico" dignos de calquera salòn glamouroso.

Firedesign1

En U-LA Boutique queremos que os nosos usuarios non pasen medo e sigan coidando da estètica e da seguridade das sùas casas, as entidades bancarias e os seguros das nosas hipotecadas mansiòns, certamente estaràn dacordo con nòs en incorpora-lo deseño a estes artefactos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario