01/11/10

Postmoderno deseñador do mes de Novembro.


Este arquitecto e deseñador Norteamericano, è todo un emblema : Michael Graves.
Nacido no 1934, estudou en Cincinati e Harvard; foi membro fundador do New York Five.

Tratàbase dun grupo de arquitectos novos entre os que estaban P. Eisenman (Autor do proxecto do Monte Gaiàs en Santiago) e R. Meier, entre outros. Non constituiron un grupo moi duradeiro, incluso fàlase que non teñen boa relaciòn, pero sirveulles para se proxectar despois da sùa importante exposiciòn do 1967, no MOMA de Nova York.


Todos eles seguìan unha liña trazada previamente por Le Corbusier, que naquel intre lles parecìa moi ben òs cinco. Representan à Postmodernidade, caracterizada por unha claridade de liñas no seu traballo, inspirada nos anos 20/30.

A traxectoria individual do noso arquitecto, evolucionou incorporando elementos mais clàsicos, influenciados pola cultura mediterrànea; co que conleva menos frialdade e mais humanidade.

Seguramente neste momento xa podìa permitirse algùn toque excèntrico, que tanto nos gusta.
Funcionalidade e beleza , son as sùas premisas à hora de platexarse un novo deseño. Incluso nos EEUU, ainda que às veces non se note. (Disculpen os usuarios de California, que asiduamente ollan o noso Blog)

Portland Building, semella unha gran columna con aires clàsicos pero con un toque irònico.

Desde os seus 28 anos, Michael, xa reunìa os elementos para ter unha estupenda carreira:
-Recoñecemento acadèmico. Becado dous anos en Roma ò remate dos seus estudos.
-Premios importantes. Que sigue acumulando; ata 175, recentemente , no 2001 recibeu a Medalla de ouro do AIA (Instituto de Arquitectura de Amèrica) que ademais lle concedeu, neste 2010 a Medalla Topaz. Que seguro que è mais que a de ouro.
-Exerce-la docencia. Desde 1972 da clases en Princeton-Nova Jersey.

Team Disney Building en California, cas caracterìsticas columnas dos ananos de Branca Neves.

O groso da sùa obra, compòñeno un conxunto de 200 edificios, na sùa maiorìa institucionais, en Amèrica, Extremo Oriente e Europa.
Desde a nosa estètica e proporciòns de pequenos paises Europeos, o seu estilo pòdenos parecer grandilocuente e aparatoso, pero nos EEUU, afeitos ò grande, è mais habitual.

Fervedor 9033; que è a peza mais vendida de Alessi.

Popularmente, as obras mais coñecidas do arquitecto e deseñador, non son os accesorios de WC nin a obra gràfica de carteis e publicaciòns, tampouco a roupa e o textil. O super deseño que representa à sua obra, un icono da postmodernidade, è o best seller da firma italiana Alessi, o Fervedor 9033.

Tràtase dunha peza feita no 1985, està dotado dun sistema de aviso, que na sùa època foi un furor, o asubìo en forma de paxariño.
Este dispositivo, tan sofisticadìsimo, canta con un son que lembra algùn tipo de ave exòtica, cando ferve o seu contido. A colecciòn complètase con leiteiras, azucareiras, muiños de pementa, minuteiros, etc.
Silvato do fervedor e pequenas pezas da colecciòn.

Todo ca estètica de esferiñas e tubos cilìndricos en marabilloso plàstico dos 80, caracterìsticos do postmoderno.
Foi a primeira peza dun deseñador americano, incluida no catàlogo de Alessi e a que inaugurou un concepto novo na firma, que foi o que se deu en chamar, Deseño Lùdico, que realmente hoxe identifica à marca.

En U-LA Boutique tamèn estamos clàsicos, às veces.




Ningún comentario:

Publicar un comentario