28/10/10

Necesarios neceseres.

Querer ser curiosiñas e te-lo todo estrado, no è compatìbel. Queremos ter unha barra de beizos con cousas raras pegadas, a marca borrada e con unha dificil identificaciòn? Todo eso metido no bolso e mesturado con chaves, telèfonos, axendas, etc.
NECESER OBJETOS VARIOS
Pequeno neceser de Caroline Lisfranc.

No WC, tampouco favorece nada às relaciòns familiares, ter revolto todo, mesturando perfumes, maquinas de afeitar, cremas con esparadrapo e limas de unllas.
NECESER VIAJE CALI2
Neceser de Valerie Nilyn para Derriere la Porte.

Os neceseres, tan pràcticos para viaxe como para a casa, poden ser orixinais e estimulantes.
Non teñen por que ser aburridos ou de droguerìa de terceira rexional preferente.
Incluso hai modelos forrados con un tecido isotermico para non atopa-la barra de cacao derretida ou evitar que as valiosìsimas cremas se estraguen pola temperatura:
NECESER ISOTERMICO
Neceser isotèrmico de Valerie Nilyn para Derriere la Porte.

È inconcebìbel unha muller, deste mundo actual, con un neceser de publicidade da marca mais descoñecida de deterxentes que non lavan; adquirido cos puntos do supermercado, despois de cinco anos xuntando. Non estamos ainda nese punto de indixencia.
NECESER MAQUILLAJE
Neceser para cosmètica de Valerie Nilyn para Derriere la Porte.


Para as mais despistadas, pode ser apropiado leva-los medicamentos dos nervos separados da cosmètica, non merece a pena correr riscos:
NECESER
Neceser de medicamentos de Valerie Nilyn para Derriere la Porte.

Os modelos de home, tamèn poden conseguir que se volte ordenado e limpo. Sin castiga-lo e procurando leva-lo dun xeito lùdico e pedagòxico, sen violencias.
Ò ir ò ximnasio tamèn queres que destaque un pouco.
NECESER LEO NYLON C/ASA
Neceser desplegàbel de Valerie Nilyn para Derriere la Porte.

As mais anglòfilas poden optar por modelos de Catseye-London, feitos con reproducciòns fotogràficas de refinadas mascotas, con fondo acharolado.
Neceseres de Catseye-London.

È sabido de todo o mundo que os nòrdicos son moi organizados, a casa danesa Reisenthel tamèn gasta as neuronas cos seus productos de viaxe.
Resulta pràctico abrir e usar, deplegando comodamente todo à vista, incluso un pequeno espello, de urxencia:
NECESER COLGAR L-SILVER
Neceser plegàbel de Reisenthel.

Organizar e ter à man os papeis e pequenas cousas necesarias è practico e calquera que viaxe sabe o moi nervoso que se pon un, por non atopa-lo pasaporte.
BILLETERO PAPELES 3COMPARTIMENTOS

Neceser de viaxe de Caroline Lisfranc.

Nas viaxes, este modelo con doces referencias, dispòn de un fondo de plàstico transparente polo que podemos ensinar o contido, nos controis de pasaxeiros.
NECESER
Neceser Chocolat de Caroline Lisfranc.

Para bolsos estàn mellor os modelos planiños e rìxidos que protexen pero non ocupan, La Marelle e as suas ilustraciòns de estilo Kawaii, son divertidas e moi actuais:

Grande pochette polypropylènePetite pochette polypropylène
Neceseres de Mlle Héolïse para La Marelle.

Incluso as pinzas do pelo poden ter o seu espazo, con estètica e co selo inconfundìbel de Derriere la Porte, que nos anima e axuda a sobreleva-lo dìa.
NECESER BEL
Neceser de Valerie Nilyn, para Derriere la Porte.

U-LA pensa para que ti disfrutes .

Ningún comentario:

Publicar un comentario