15/11/10

De Suiza .

Que lle imos regalar a alguèn que lle gustan as cousas pràcticas, os aparatiños e a tecnoloxìa.
Algo que non sexa cutre e que o aprecie, que recoñeza a calidade e que non teña que pagar a prazos.

Castigadas a pensar, rebuscar à espera de iluminarse.

O suizo, Sr Karl Elsener no 1891, ferreiro de profesiòn, decidiu producir unha navalla practica e con seis usos, para suministrarllo ò exercito suizo. Mais tarde convirteuse nunha prestixiosa marca sinònimo de calidade e incluso de precisiòn: Victorinox.
Mestura do nome da nai do fundador ca denominaciòn popular do material bàsico das navallas, o aceiro inoxidàbel. A firma fixo historia cas chamadas "Navallas de oficial" e patentadas co nome de "Original Swiss Army Knife".


Na Suiza do sèculo XIX, a pobreza e o desemprego eran normais. Este empresario ten unha historia de loita e tesòn, admiràbel e o seu esforzo està recompensado pola sona internacional do seu producto.
O modelo 5044, foi empregado polos astronautas da NASA. Estas navallas foron levadas a expediciòs ò Monte Everest e à Antàrtida, o modelo SwissChamp està na colecciòn permanente do MOMA de Nova York.


Desde aquel momento ata ahora, moito cambiou a cousa, para Suiza e para a producciòn de navallas; moi amenazada polas copias orientais que carecen da calidade destas.
Pero o certo è que sigue sendo un dos productos favoritos de moitos homes (que reunen as caracterìsticas citadas anteriormente) e o seu anagrama è recoñecido en todo o mundo.

Na actualidade esta firma suiza fabrica ademais de navallas, o que os caracteriza, outros productos relacionados cos deportes, as escapadas de montaña e incluso ca cociña.
O mesmo Fidel Castro è un fan da marca.

Podemos ver o imprecindìbel que resulta unha ferramenta como o modelo Rescue-Tool, na supervivencia do dìa a dìa de calquera que se poda quedar terrorificamente atrapado nun coche:



Ningún comentario:

Publicar un comentario