11/11/10

Tempus fugit.

Xa Virgilio, (e o meu profesor de latìn), dicia que: mentras tanto o tempo escapa; en todo-los idiomas hai referencias a esta preocupaciòn polo tempo.
Non podemos para-lo, pero podemos aspirar a ve-lo nun reloxio bonito, ou feo. Convertindo o acto de mira-la hora, nun momento menos estresante. Pura psicoloxìa de consultorio de Lecturas!!.
Estas son algunhas das novidades do noso catàlogo.

Reloxio Kitschenclock de Chris Koens para Invotis.

Invotis è unha editora e distribuidora holandesa que ten un apartado chamado Invotis orange, onde se preoupan polos deseñadores do seu pais. Que como xa sabemos, ademais de zocas e tulipàns, alì empregan a cor laranxa como emblema.
Solar Clock de Kikkerland.

Ahora que nos demos conta da existencia da ecoloxìa, todos nos preocupamos das pilas; este modelo dispòn de catro placas solares que reducen o consumo das baterìas que tanto contaminan e van deixar esto feito unha desgraza.

Modelo Arco iris de Karlsson.

Tamèn holandesa, Karlsson leva anos sacando uns reloxios que impactan pola sùa estètica norte-europea; o aspecto e moi alegre, neste caso; pero dispoñen doutros mais retro, mais tecnolòxicos, etc .

Reloj pared Aeroplane d.50 cromado acero Balvi
Estos tres pertencen à ùltimisima colecciòn de Balvi, serios pero moi suxerentes e dunha calidade indubidàbel.
Unha marca català que ofrece, orixinalidade, moita variedade, e seguridade de bo funcionamento.

Reloj de pared negro 3 minutos adelantado Balvi
Reloxio tres minutos; sinala a hora engadìndolle uns minutos extra.
Algo que facemos co despertador, podèmo-lo aplicar neste reloxio, para que os persistentes tardòns, non cheguen tarde.

Reloj pared Dots d.33.5 calendario gris 1xAA Balvi
Reloxio calendario, onde os dìas e o mes tamèn xiran, marcàndose diariamente na esfera de xeito automàtico. Perfecto para a casa ou para evitar problemas na oficina.

Esto è sò unha mostra , en U-LA Boutique podes ver mais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario