08/11/10

Practicidade nipona.


Nova marca neste pais: Mark's Europe.
Block de notas , da colecciòn "para non esquecer".

En realidade non è moi europea, ainda que o nome semelle indicalo.
È mais ben xaponesa, pero non è unha desas marcas"xapo", que crean cos olliños fechados ò gusto de aquì,¡¡ cos ollos moi abertos!!.
Pois esta firma edita obxetos relacionados ca papelarìa: calculadoras, blocks de notas, axendas, àlbums de fotos, selos para papel, etc. todo ca mais coidada estètica que podamos imaxinar.
Presentan varias liñas, unha moi pràctica "para non esquecer" està formada por blocks de todo tipo; que teñen a particularidade de dispor dunha gomiña na parte dianteira, onde mete-lo bolìigrafo, para que sempre estè ahì.

A5ノート/ストレージ・ドット・イット・Vintage/ブリリアントオレンジ
Block de notas da colecciòn vintage, tamaño A5, con autopeche.

Os estàndares de calidade de Xapon son moi altos, polo que estos productos son do que podemos chamar "do bo".
Un dos puntos fortes, que ten Mark's Europe, è esa sutilidade nos detalles, que parecen indicar unha cousa e logo son outra.

ペーパーマグネットアルバム・カメラ / コルソ グラフィア / ゴールド
Àlbum de fotos con forma de càmara con oco para foto, no obxetivo.

O mais inxenioso, son as pezas da colecciòn "Storage.it", que teñen un aspecto acharolado con moito atractivo.
Consiste nuns blocks, axendas e portadocumentos , que estàn contidos dentro dunhas resistentes bolsas de autopeche (desas que teñen unha peza de plàstico que ò movela por un carrìl , pecha hermèticamente o saquiño).
Portadocumentos para viaxe , con autopeche.

Con este sistema a pasta exterior, è à vez un plumier /neceser para garda-lo bolìgrafo, o acendedor ou un inxènuo preservativo.
As axendas con mensaxe tamèn aportan un aliciente romàntico ou ò mellor sarcàstico. A mensaxe con retranca, di: "Eu sempre vou facer tempo para ti", que nunha axenda pode significar que ela vai conseguir que, grazas à sùa organizaciòn, dispoñamos de mais tempo para nòs; ou tamèn podemos interpretala como unha mensaxe para outra persoa, ò regalarlla nòs.
APPONTMENT PLANNER"LIMITED"/CLEAR STRAGE/gold
Axenda 2011, dourado con autopeche.

Unha ediciòn limitada, fìxose para europa, cos deseños do artista neo pop xaponès Yoshitomo Nara, que recentemente expuxo no C.A.C. de Màlaga.

Yoshitomo abrìndo os ollos para pintar unha das sùas figuras inocentes.

Con mais de 50 anos è coñecido en todo o mundo polos seus debuxos de personaxes infantìs con miradas desacougantes, nenas con serras, meniños con caras de enfado e intenciòns escuras.
Pertence ò estilo Naïve ou Kawaii, figuras simples pero con belicosas intenciòns, cargadas de inxenuidade.
Tràtase dunha tendencia que trata de expresa-la disconformidade ca sociedade tradicional xaponesa e por extensiòn, desacordo con calquera sociedade excesivamente conservadora e opresiva.

Portadas das axendas da colecciòn de Yoshimoto Nara

Este vìdeo da exposiciòn de Yoshitomo en Màlaga, pode ilustar sobre a sùa obra:


Ningún comentario:

Publicar un comentario