24/08/10

Tan preto-tan lonxe.


Esta firma Portuguesa està (como din en portuguès)" fazendo muito sucesso", nos ùltimos cinco anos ten aparecido en mais de 200 publicaciòns de Alemania, EEUU, Inglaterra,Francia ,Dinamarca, España, India, Australia, etc.
Aquì ten unha discreta presenza, ainda que a calidade e a estètica dos seus productos son alucinantes.
A sùa fundaciòn, por alemàns, dalle o nome que ata hoxe conserva.
Foi a primeira fàbrica de xabòns do pais. Os procesos son moi tradicionais e artesanais, pois nesa factorìa poucas cousas cambiaron ata 1980/90, anos nos que se asocia ca sùa distribuidora americana Lafco, que relanza a firma.
Rescàtanse os estampados Art Déco no packaging, que son unha xoia e outro dos seus grandes valores que desvelan a sùa historia.
Claus Porto fabrica unha gran variedade de gamas :
Xabòns, xel e sais de baño, xabòns lìquidos, xabòns de hòspedes e velas aromàticas en moitos cheiros diferentes, todos con bases naturais de altìsima calidade; ademais de tres liñas espèciais: Musgo Real, Clàsico-Fantasia e Floral.


Nos xabòns empregan manteiga de Karitè e son moidos 7 veces, co que se consigue mais espuma e que non partan.
Os Body wash levan Aloe Vera e o seu PH è neutro para elimina-las bacterias.
Nos xabòns lìquidos enriquecen a fòrmula con proteinas de trigo para aumenta-la protecciòn e rexeneraciòn da pel.
As velas superan a duraciòn de 70 horas desprendendo un cheiro espectacular.
As sais de baño incorpòranlles thalasoplamkton e extracto de Athea officinalis que hidratan suavizan e refrescan.
Todo un pequeno e natural SPA na casa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario