27/08/10

Simples Xerròns.



Historia-tradiciòn, creatividade-habilidade : dan como resultado estas obras de arte, sò para sensibilidades eláboradas.
Egizia, fundada en 1949 en Poggibonsi-Siena, è sinònimo de elegancia e refinamento, estas caracterìsticas poderìan significar horteridade e pretenciosidade, pero neste caso tradùcese por deseño.

Colecciòn Boboli de Flavia Alves, con complementos en tubo de prata tratada con antioxidantes.

A historia desta prestixiosa marca è curiosa. Arrinca da tradiciòn artesà do vidro soplado dos Medici pero con unha incorporaciòn tecnica de caracter ùnico.
Nos anos da segunda Guerra Mundial as tropas norteamericanas, que viviron alì , tiveron a oportunidade de facer algo positivo, ensinàronlles as tècnicas da serigrafìa òs artesans do Val D'Elsa.
Que intelixentemente, aplicaron ò seu traballo.

No 1995, a creatividade e ò deseño entrou na firma da man de Ettore Sottsass,( En paz descanse, arquitecto Austrìaco fundador do grupo Menphis), e do seu estudio en Milan,Sottsass Associati, composto por mais de dez deseñadores e arquitectos.

Colecciòn Black Noise de Defne Koz.

Desta mestura de capacidades e habilidades, nace un producto impactante, que sò se aprecia ò velo en directo. Ademais esa calidade e acabados son unha verdadeira barreira infranqueàbel para as cutres imitaciòns.

Ouro de 24 Kilates, prata de 980/1000 de pureza, asì como outros metais preciosos, serigrafiados e fundidos no vidro soplado, son parte das tecnicas e materiais que empregan en estas colecciòns.

Colecciòn Iris de Flavia Alves, vidro soplado revestido con 4 espesores. Serigrafia manual con esmaltes.

No 2003 tamèn Karim Rashid se incorporou ò proxecto estilìstico de Egizia. Utilizando os seus iconos caracterìsticos.

U-LA Boutique è fan e ademais somos os ùnicos que nos atrevemos con esta firma, en Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario