06/08/10

Casa lolo: deseños, viños e tapas

A primeiros do 2009 Agustì Garcìa, artista e creador da editora de deseño ChaCha , ante as preocupaciòns e dores de cabeza que a situaciòn econòmica lle provocaba; decide que xa que a creatividade sempre è boa compañeira , el poñerìa en marcha unha idea que lle rondaba, aparentemente rara, pero dàndolle a volta ò establecido:




Escomenza-la casa polo tellado: xa tiña na sua editora de deseño, mandìs, servilleteiros, pratos, chupitos, xogos de cafè, manteis, pousavasos, vasos e un sinfìn de menaxe da colecciòn Casa Lolo, asì que xa dispoñia do material de marketing, incluso a estètica do lugar viña dada, polas ilùstraciòns do seu deseñador Alexis Rom. ¡¡ Pouco mais se precisaba para un bar de tapas !!.

Darìan cañas cando se pedira unha tapa e ademais o cliente non terìa que rouba-lo precioso vaso ou o pratiño no que ven a comida, ¡¡ poderìa compra-lo !!

Segùn confesa, està foi das ideas mais productivas dos ùltimos anos. A ubicaciòn deste local è por agora, sò en Barcelona, no distrito de Sants (Arizala 57).

Todo tipo de comentarios figuran na rede, pero a `sua comida, bebida, servizo e decoraciòn non suscitou criticas que non foran boas. O Kitsch mestùrase co contemporàneo, nun exercìcio de flash-back que nos leva òs anos 60 e nos abanea con sabores e cheiros evocadores.
Seguro que a inspiraciòn de Alexis Rom , para crea-la colecciòn , veulle por ahì.
Este ilustrador e deseñador, formouse en prestixiosas escolas como Parsons, Prat Institute ou Visual Arts. Traballou para Plaza&Janes, El Pais ,woman ,Le Monde Diplomatic , La Caixa, Bayer, Custo, e como non ChaCha, que se aventurou ca idea de face-la ediciòn destes elementos que despois darìan lugar a esta Casa Lolo.
En U-LA Boutique xa apostamos por Casa Lolo e as outras colecciòns de ChaCha, desde que fundamo-la primeira tenda , alà polo 1999.



Ningún comentario:

Publicar un comentario