10/08/10

¿Como sacarlle partido òs famosos?

Non sò os programas de TV se van a beneficiar das vidas e caras dos personaxes populares.
Tamèn Einstein, Barack Obama, Shakespeare, Freud ou Xesucristo poden cede-la sùa imaxe para xerar beneficios e que ademais nos botemos unhas risas à sùa conta.

TheUnemployed Philosophers guild è unha empresa de Brooklyn- New York, que edita unha gama de productos do mais variado e ainda que o seu deseño non è nada do outro mundo, non ten nada de minimalista, glamour ou sofisticaciòn, si ten algo moi especial, curioso incluso artìstico.
Esa caracterìstica è a alegrìa, todo està tratado con unha xenerosa dose de este ingrediente.



Quen non pensou en disfrazar a Einstein de astronauta ou a Obama de Hawaiano, pois cos imàns de frigorìfico, desta casa, pòdese. Os peluches de famosos como Warhol, Frida Kahlo, Picasso, etc, tacos de notas adhesivas, tarxetas postais e sobre todo as cuncas de cafè ou infusiòn, son algùns dos descubrimentos que fixemos.

A particularidade destes mugs è que mudan de estampado exterior ò verterse o contido quente , dentro. Por exemplo: Xesucristo aparece con ou sen barba, Adan e Eva con ou sen a pudorosa folla ou o mapa do mundo è victima do quentamento global.
E fantàstico que o sarcasmo propio dos anglosaxòns, nos alegre un momento tan amargo como o despertar de cada dìa, para ir a traballar.



Ningún comentario:

Publicar un comentario