03/08/10

O xenio da "muñecada",Deseñador do mes.

Nesta ocasiòn o noso DESEÑADOR DO MES è un consagrado e divertido deseñadorisimo:
Stefano Giovannoni, Spezia (Italia 1954); Graduado en Arquitectura en 1978, vive e traballa en Milàn (Terra de moito deseño).


Deseñador industrial que tra-lo seu paso pola docencia, expandeu a tòdo-los campos o seu universo cheo de curvas orgànicas e simpatìa que co seu aspecto setenteiro lèmbranos o cerca que podemos estar dunha nave espacial.
Copia de menaje_alessi_07
Colecciòn OrienTales de Stefano Giovannoni e Rumiko Takeda para Alessi.

Tamèn ten actividade como interiorista e incluso deseñou , no 2004 o Fiat Panda Alessi.

Fiat Panda Alessi

Colaborou con prestixiosas firmas como Flos, Helit, Lavazza, Magis, Oregon Scientific, Seiko, Siemens, Alessi... Son famosas as sùas series de Alessi, Mami (Tarteiras con barriguiña, Froiteiros...) e Girotondo ( protagonizada polo monequiño simple dos inocentes, que resulta se-la imaxe mais recoñecìbel da firma italiana); outro traballo que nos resultarà coñecido è a serie de taburetes de bar Bombo para Magis, seguramente este ten sido ò que mais se lle fusilou e do que mais versiòns piratas se fixeron.
Os seus traballos forman parte do arquivo permanente do MOMA de Nova York e do Pompidou de Parìs. Este autor foi obxeto de fotoxènicas portadas en revistas de todo o mundo, de Xapòn ata EEUU, nas que os obxetos de Alessi, con unha carga lùdica moi evidente, cobran vida e trasladan o bo humor a todo fogar que os empregue.

alph3

Hai un ano, Stefano Giovannoni en colaboraiòn con Telecom Italia, sacou para a firma Alessi o modelo de telèfono DECT inalàmbrico, Alessiphone, que està conseguindo recupera-la posiciòn de protagonismo, do telèfono fixo revalorizando a estètica destes aparatos que sempre estiveron en lugares importantes nas nosas casas e oficinas.
Durante estes ùltimos anos temos visto subir ò poder òs seus enemigos coa estètica de bolsillo e coa omnipresencia nos comercios, publicidade en TV e incluso nos sonos de moitos.

alph2

Esta creaciòn vai mais alà da estètica dotando a un excelentìsimo deseño con funciòns nunca antes atribuidas a un simple e modesto telèfono caseiro, tales como teclado con retroiluminaciòn azul, pantalla OLED de 65000 cores como si fose un pequeno TV e cargado con un conxunto de fondos de pantalla do deseñador. Como lles parecìa pouco, o mùsico e DJ xapones Gak Sato, compuxo os politonos deste aparato.
Seguramente inspiràndose na competencia cargàrono con un directorio de 200 contactos, menù multilingue mans libres con altavoz de alta calidade, da o tempo como os nosos avos e ten despertador.Como se dixo no diario El Pais, no momento da presentaciòn: artigo para sibaritas, menos no prezo.
Non se pode calificar como inutil, intrascendente ou baleiro a este casi termomix da comunicaciòn.

Algùns crìticos menosprecian a calidade das ediciòns de Alessi deste creador, às que califican de "muñequitos". Hoxe è dificil sorprender e satisfacer ò consumidor pois temos moita e moi variada
oferta e o minimalimo foi unha etapa da historia que deixou unha fermosa herencia a cal parece que ainda condiciona o pensamento de moitos sesudos profesionais do mundo da crìtica.
Curiosamente estos mesmos non son capaces de pronosticar nada sobre o apaixoante futuro do deseño, pero gratuitamente etiquetan o traballo dos deseñadores.

En U-LA Boutique non somos asì por que somos Fans e non estamos confundidos nen desorientados polo brillo e as cores vivas, xa que estas nos iluminan e nos alegran. Estos son deseños casi terapèuticos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario