11/10/10

La Marelle.


O xogo infantil da Mariola,( onde se lle pega co pè a unha pedra, que se arrastra por un percorrido de nove cadros, ata chegar ò final, medio coxo) , da nome à nosa nova e trascendental firma francesa, La Marelle, sendo ese o nome do xogo en Francia.
Este è un xogo tradicional europeo que, ò parecer provèn da obra de Dante: A Divina Comedia. Seguramente os fundadores da marca non son alleos a esta cultisima informaciòn.
Simboliza o paso do purgatorio ò ceo; ou o que è o mesmo a salvaciòn da alma atravès dos nove mundos e polo tanto o coñecemento dun mesmo. Deu orixe a xogos como a Oca ou a Petanca.

Broches de : Marie Desbons, Adolye Pay e Chloé Rémiat.

Ediciòns La Marelle està creada no 2004 en Rennes, capital da Bretaña e polo tanto nun extremo do paìs, separados do glamour dun Parìs pero con unhas raices culturais fortes e con moito marisco nas costas proximas, (caracterìsticas familiares para nos).

Alì Pascale Nivet e Bernetiere Fabrice impulsaron a firma que poderìa non ser mais que unha marca de cousiñas bonitas, con certo gusto francès; pero no 2006 dan un salto significativo incorporando à marca un grupo de alucinantes ilustradores, deseñadoras e artistas.

Actulamente , desde Hong kong ata New York non hai quen, ò ver pola rùa unha bolsa de La Marelle non se pregunte ¿ de onde ven esa cousa ?.

Les Valises Cerises  LA MARELLE  [Ma Boutîc] - CABAS & BOITES METAL - La Marelle - MA BOUTÎC
Caixas e maletas de Mlle. Héloïse.

Con continuidade incorporan novos artistas ò proxecto, ainda que a estrela da casa è Mlle Héloïse, que è a autora de todos eses personaxes ben alimentados , con orellas de animais e caras de felicidade.
Mijn Schatje, Peggy Nille, Tante Claudine, Sophie Adde, Martine Roch, Matt Pascuarello, Limoon, etc. ata uns 30 nomes mais , procedentes de varios paises, compoñen o equipo creativo.

Caixas de Limoon.
Moitos deles desvelan unha tendencia Kawaii, palabra xaponesa que ven significando preciosa ou encantadora e que designa unha estètica que claramente està marcando època.

Realmente imponse esta corrente, tanto como para que ata tres aviòns Boeing 747 de All Nippon Airways sexan decorados con debuxos de Pokemon e como para que no mundo da moda internacional existan xa, incluso, variantes do Kawaii como a moda Lolita, que toma elementos da subcultura gòtica e da moda Victoriana, ou o estilo Cosplay (Chacha), Meganekko, etc.

Exclu La Marelle - Printemps 2010
Aneis da colecciòn 2010.
Mijn Schatje - La Marelle, 2010Mijn Schatje - La Marelle, 2010
Prendedores do pelo e pendentes de Mijn Schatje.

Algùn debuxos lembran òs monecos de animaciòn ou modelos de plastilina; transmiten un sentimento de tenrura e amor òs que poderìamos clasificar de riquiños.
Outros fan que pensemos nas monecas de colecciòn , pel branca, ollos grandes e beizos vermellos; con motivos como sereas, pallasos e damas con certos toques case psicòpatas.

Nunha entrevista ca cosmopolita artìsta de La Marelle Mijn Schatje ( que significa cariño, amorciño, en holandès ) conta, que nesta vida tan dificil de soportar, os da xeraciòn dela (1983), precisan ideais e a beleza nas sùas obras, asì como a perfecciòn dos detalles, son un xeito de escapar e de levar a inocencia a todo o mundo , xa que considera que non està reservada sò para os meniños.
CAHIER D'IDEES FOLLES ET SAUGRENUES CAT THE CAT
Caderno Loucura e absurdo de Cat the cat.
Moitas das ilustraciòns son atemporais e reflexan un ambiente purìsimo e càndido, onde o factor tempo non pode contaminar nada.
Cadernos de nenos, de receitas, para apuntes, maletas, neceseres, pendentes, colgantes, aneis , etc. Un universo Lamarellesco cheo de suxerencias para grandes e pequenos.
Cahier de multiplication
Caderno de multiplicaciòn de Chloé Rémiat.

U-LA Boutique è a primeira en traer a este paìs, un golpe de frescura do tamaño desta editora.
Cremos que vai dar que falar. Non te quedes sin coñece-lo, ven à nosa Boutique.
NeceserCorazòn de Mlle Héloïse.






Ningún comentario:

Publicar un comentario