07/12/11

Suave "como a codia dun piñeiro".

Pode que non o semelle, pero estes prestosos coxíns van a amañarche a vida, a cabeza e esa siesta que non eres capaz de facer.

Recheos de microbolas de poliestireno e feitos con funda de poliester e spandex, podes deformalos a vontade, estiralos, apretalos e desestresarte con eles; se ves Tele5 e decides tirarlle o tronco á televisión, sabes que non terás que comprar outra, etc.


O coxín tronco, véndese por 16.20 €, na nosa tenda online.

Todo son vantaxes: decoran, dan que falar os invitados, dan bo durmir e ademais son antiestrés.
¿Temos na casa, algún aparato similar que proporcione estos servizos e non sexa de pilas?
Saca as túas conclusións e pensa en ti.


E se prefires algo máis anatómico, a herva repousa cabezas darache ese descanso merecido, apropiado para viaxe, pois é moi lixeiro.
O coxín herva, véndese por 16.80 €, na nosa tenda online.

Non esperes a regalar esto por Nadal,
seguro que xa non o teremos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario