16/12/11

Moldes con efectos especiais.

Por que os resultados son espectaculares, efectistas e moi lucidos, ata para os máis torpes e os que entran na cociña só para quentar a comida no microondas.

Se queremos impactar con moi pouco traballo, e obter un resultado dos de... ¿ Pero fixéchelo ti ? e que a túa cuñada che faga vudú; o mellor e tirar de molde bonito.
Moldes de formas moi creativas, que aguantan dende -60ºC ata +230ºC, aptos para preparacións frías ou quentes.
Para un Plum Cake ou para un Tiramisú de deseño, este modelo de forma alongada é a solución.
Molde Cathedral por 19.90€, na nosa Boutique online.

Se te animas a facerlle a guerra ós teus inimigos, conta cas receitas desta WEB da propia firma dos moldes, moi simples e resultonas.

Esto lógrase pola calidade da silicona Platinum, ( que como o seu nome indica e seguindo a tradición das tarxetas VISA, visa platinum é mais que visa ouro), e polo sistema Safe Ring, que consiste nun aro ríxido que reforza o molde, pola parte baixa e que evita deformacións.

Molde Sunflower por 16.40 €, na nosa Boutique online.

Co seu sistema do aro antideformación, pàtentado, cando estamos levando a nosa creación ó forno, córremos menos perigo de tirarnos por derriba o contido.

En xelatinas, Charlottas ou tartas con volume; dende máis grandes, a pequenas formas... non hai nada que un bo molde non solucione.
Molde Rose por 19.90€, na nosa Boutique online.

Pra quen non nos crea e pense que somos como os comerciais dos bancos, ou descoñeza este invento, xa lexendario, pode ver o video institucional desta marca Italiana, Silikomart:

Ningún comentario:

Publicar un comentario