01/12/11

Bocadillos ecolóxicos

¿ Quen dixo que a estética do papel aluminio, tivera que estar omnipresente nos recreos da escola, na hora do bocata dos obreiros, ou nos días de excursión?

O prateado pode parecer, ainda futurista e atractiva,
pero que futuro nos espera con tanto lixo e contaminación?

LéKué, firma española, pioneira no emprego das siliconas de uso alimentario, sacou xa hai un ano, estas fundas reciclables para bocadillos; concepto e deseño de Luki Huber .
Sendo demostradamente prácticas e un éxito de ventas.


Feitas en Silicona Platinum, son flexibles e adáptanse os tamaños dos bocadillos; poden ir ó microondas, lavalouzas, forno, etc.


Hainas en catro tamaños diferentes; dende 10 Cm- 9.80 €, 17 Cm-10.90 €, 22 Cm-13.60 € e 27 Cm-14.30€. e pódelas atopar na nosa WEB.

Por se fora pouco, dispoñen dun espazo, no exterior, onde podes apuntar con un bolígrafo o nome do propietario ou destinatario, e logo borralo co dedo.
Deste xeito non se confunden o bocata de anchoas co de Nocilla.

Vede un video do deseñador falando da firma Lékué.

Ningún comentario:

Publicar un comentario