22/03/11

Deseño práctico e Xaponés.

En anteriores Post, deste Blog, xa temos falado da firma Nipona con sede en Europa: Mark's Europe. Tamén comentamos algo, do seu famoso deseñador , Yositomo Nara, e das creacións Naïve ou Kawaii. Agora presentan as novas coleccións de papelería, con un sopro de ar decimonónico e unha suma de elementos orientais e europeos que ten un deixe moi cosmopolita.
Como de persoa viaxada e nada facil de clasificar.
Album de 36 fotos de 10 X 15 Cm, con peche magnético.
Libreta de notas , con follas de raias.

Na vertente máis cool, están estas libretas da serie Cool-J Manga Series.
Ishimori Shotaro, fixo estas portadas e interiores, tan Kawaii, con unha perforación na pasta que deixa ve-lo estampado do interior. Continuando cas edicións limitadas que a marca fai dende hai uns anos.

Libretas de notas con follas interiores estampadas.
Libretas de notas con follas interiores estampadas.

Unha das coleccións máis famosas da marca é a chamada, Storage.it; trátase dunha serie de libretas, cadernos, diarios, etc. que se caracterizan por estar encadernadas con funda de plástico transparente no exterior, que á vez é unha especie de neceser ou plumier onde se pode garda-los bolígrafos, tarxetas de visita, calculadoras, smartphones, gomas e todo o que precisemos, que sexa máis ou menos plano.
Podéndonos quedar tranquilas por non perdelo, pois teñen un auto-peche hermético deslizante, similar ás bolsas de conxelar.
Ademais dispoñen de un accesorio soporte de bolígrafos e varios petos interiores, que farán as delicias da máis escrupulosa maníaca da orde.
No noso país é toda unha novidade, pero no Xapón, xa o teñen copiado outras marcas e é xa un clásico da papelería.

Libreta de notas con encadernación do sistema Storage.it.

Outra novidade son as etiquetas adhesivas, tipo post-it, que para chama-la atención e para ser máis glamourosas, utilizan formas e estampados de épocas anteriores.
As da colección Scrapholic son perfectas para apuntar calquera anotación case íntima ou con cariñosos contidos.

Taco de notas adhesivas Scrapholic.

Nesa mesma dirección van as cintas Masking Tape, porta notas.
Son tiras adhesivas de 10 m. de longo, que se poden romper ca man e escribir por derriba.
Boas para facer sobresair un engadido a un traballo rematado, para destacar comentarios, para pegar fotos, etc.
A súa estética, os estampados miudiños, están dotados dun espírito de delicadeza xaponesa.Todo un exito de hai cinco anos no mercado francés.

Cinta para anotacións, Masking tape.

A calculadora ainda non desapareceu das nosas vidas, e a forma deste modelo da colección Graphia, é tan práctica que se fai querer.
Dispón dunha fenda en forma de clip, na que se pode meter pastas, encadernacións, etc. Que nos permite deixala sempre diante dos ollos, preparada para o traballo.
Calculadora Graphia.

Máis novidoso e o plumier da mesma colección Graphia, que dispón de petos suficientes con capacidade e variación de tamaño como para perde-las cousas dentro.
Portabolis, Radio-casette recorder.


Organízate, estámpate e decórate para traballar mellor e máis cómodamente!!
con U-LA Boutique.

Ningún comentario:

Publicar un comentario