01/03/11

Codeseñadora do mes de Marzo.

Laura Polinoro; LPWK, iniciais que utiliza para identificar a súa participación en gran cantidade de deseños para a firma ALESSI.

Esta creativa Italiana, con formación académica relacionada ca comunicación, ven facendo unha preciosa labor, traballando sempre en tándem con outro/a autor/a, pero sempre levando o peso de dirección da obra.
O seu selo marca todas estas obras feitas con deseñadores como Giovannoni, Pirovano, Venturini, etc.
Froiteiros, porta-panos de mesa e porta-rollos, da extensa colección Mediterraneo, feita en aceiro inoxidable 18/10, brillante ou lacado en cores. Realizada con Emma Silvestris, ó redor do 2004-5.
Tamén con Emma Silvestris creou, esta colección de centros de mesa, chamada La Rosa, con uns acabados similares e reinterpretando un motivo clásico.


Moitos dos seus traballos están dotados dun compoñente escenográfico, que nos lembra o seu pasado vinculado á dirección artística na danza contemporanea, como directora de vestiario e escenografía, poida ser que este factor lle aporte ese atractivo visual propio do mundo do espectáculo.
Outra gran colaboración é a realizada con Marta Sansoni, na colección Cactus no 2002.
Tamén recentemente, editouse a colección Marli, composta ademais de por estos froiteiros, por perchas, sacatapas, etc. Realizada no 2006-8, con Steven Blaess, e seleccionada nos ADI Design do 2006.

A partir do 1990, dirixe o CSA, Centro de Estudos Alessi, dedicado a fomenta-la colaboración con novos deseñadores e á publicación de estudos teóricos e sesudos sobre o obxeto.
Co transcurrir dos anos este traballo desembocou na creación de talleres fixos, en Italia, que esta creadora dirixe.
Teñen por obxeto xenerar creatividade no deseño industrial e fomentar colaboracións e novas produccións de Alessi.

Laura Polinoro dispón dunha páxina, que documenta este traballo:


A colaboración da autora en todos estos deseños, apórtalles unha forte identidade tendo en conta que son productos que aspiran á excelencia, e que grazas a ela, ás veces consíguena.


Alessi Dozi Hedgehog Paperclip Holder
Dozi, é un pisapapeis magnético, deseñado con Kim Mika h.j., no 2004, fabricado en varias cores.

Os grandes deseños non sempre son obra dunha soa mente, pero o que é destacable son as pegadas de identidade que Laura Polinoro, imprime en todo-los traballos nos que intervén.

Sebastiano é un porta-bolígrafos feito con Massimo Giacom, no 2004.
Con Jim Hannon Tan , realizou o cascanoces Nut Splitter.
En definitiva a aportación desta deseñadora ó deseño Italiano supuxo un importante cambio estético, recoñecido e que desde U-LA Boutique destacamos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario