15/09/10

pylones: vivir à francesa.

Nin todo o que ven de fòra è bo,
nin todo o noso è marabilloso.
Pero si è verdade que o que, vindo doutros paises, logra entrar e instalarse, acostuma ser unha marca consolidada incluso aclamada , como è o caso.
De entre todo-los paises que destacan con unha produciòn de obxetos de certo deseño, os nosos veciños franceses, son ,(xeneralizando), os mais alegres, desenfadados e divertidos do panorama.


Con unha sensibilidade que semella non ter traumas estèticos , tanto que às veces poden parecer ñoños ata caer no cursi.


Cursi e desfasado, xenuino gusto rancio español è o estilo que caracteriza òs grandes almac'ens de iniciais E. C. I.( Almacèns de logotipo verde triangular,dos setenta) Nada que ver ca sùa competencia noutros paises de Europa, como Selfridges ou Harrods en Inglaterra e Printems ou G. Lafayette en Francia.
Temos falado, noutras ocasiòns, da diferencia abismal entre os grandes almacèns do resto de Europa e os españois.
Nas prantas de entrada, consideradas zonas quentes comercialmente, atopàmonos con marcas emblemàticas e iconos do mundo do deseño.
Xusto ese espazo ocùpano, nos establecementos españois como E.C.I. , a perfumerìa , cosmètica e mùsica, tampouco nos esforcemos en buscar no resto das plantas, porque non saben que existe eso do deseño.
Debe ser culpa da educaciòn , de non ser viaxados. Do pouco espìrito cosmopolita ou de erdanzas de èpocas pasadas.





Unha das firmas ca que nos podemos atopar neses templos do consumo, das outras capitais europeas, en forma de corners, con veciños ilustres como Alessi: è Pylones.


Esta firma, Pylones, orixinaria de Parìs, fundada por Jackes Guillemet no 1985, tamèn dispòn de 5 tendas propias en Paris, asì como no resto de Francia e en 11 paises mais. Ademais fabrican e deseñan pezas exclusivas para Renault, France telecom, Dior e Starbucks.


A estètica inconfundìbel da firma e producto dun equipo de mais de 10 deseñadores moi nutrido, de entre eles destaca o estudio Crea Crea, sendo autorìa deles unha parte grande da producciòn da casa.

Pisapapeis/Portaclips: Piu Piu de Ionel Panaït.

Xenuinamente francesa, a estètica desta editora supòn unha verdadeira exploraciòn de camiños con un sò fin , reanima-la vida interior dos obxetos.
O deseño non è mais que a invenciòn de novos usos, mais artìsticos ou funcionais e no caso desta editora, moi domados pola poesìa; ademais dun toque de algo invisìbel.




Paraugas Rain Parade de Laurent Mouveau.

U-LA Boutique conecta con està estètica e filosofìa: obxetos utìs , atractivos un pouco intelectuais pero vitais para alegrà-la vida.


Deixàmos aquì un video dunha das pàxinas mais comerciais de USA con unha demostraciòn interesante dalgùns productos de menaxe de pylones:


1 comentario: