27/09/10

Mostra de deseño poètico dos irmàns Campana na Fundación Pedro Barrié de la Maza

No Brasil, a diferenza do noso paìs, as persoas falecen maioritariamente de afecciòns cardìacas, non de cancros varios , como nos.
O corazòn dos brasileiros està cheo de sentimentos e sensibilidade. Esta paixòn e temperamento, son o verdadeiro motor dese inmenso pais, onde a bandeira ten un lema: orde e progreso.
Portada do libro dos irmáns Campana "Cartas a un novo deseñador, Do manual á industria"

Os irmàns Campana, Humberto-1961 e Fernando-1953, foron os primeiros designers brasileiros en expoñer no MOMA de Nova York.
Desde o 1983, ano no que fundaron o Estudo Campana, pasaron 10 anos, antes de producirse nunha industria brasileira, algùn dos seus deseños.
En pouco mais de 10 anos de carreira, subiron a unha posiciòn de merecido privilexio que non è casual.
Falamos, anteriormente deles nun post do 7 de Maio do 2010.

artemelza - irmãos campana
Foto de parte das sùas obras onde se aprecian, xunto ca cadeira Favela, elementos feitos para a escenografìa do conto musical "Pedro e o lobo" de S. Prokofiev, que se representou no Guggenheim de Nova York no 2008.

Esta mostra, producida polo Vitra Design Museum, recolle o traballo dos brasileiros e reflexa o caracter creativo e as espectativas dun país. Ademais fainos pensar sobre o futuro do noso e tamèn da nosa forma de vida. Incluso os mais rebuscados, poden pensar en cousas mais serias.

Os temas e inspiraciòns dos autores son, basicamente tres:
Medio ambiente-globalizaciòn-Brasil.
O ùltimo è realmente o primeiro, tomàndo este país como un lugar de mestizaxe de razas, culturas e realidades sociais, tamèn como reivindicaciòn das raices que nos individualizan e nos convirten en alguèn, ¡¡ todo un valor, nestes momentos !!.

Cadeira feita con monecas Esperança, que son un xoguete caracterìstico do nordeste do Brasil. Os autores lenbran asì os movementos migratorios dos estados mais pobres ò estado de Sao Paulo.

Os mètodos de traballo dos irmàns, sàltanse os dictàmenes impostos:
Calquera deseñador, preocuparìase pola funciòn do obxeto, logo abordarìa a sùa forma fìsica e finalmente buscarìa o material para realizalo.
Estes dous artistas-deseñadores recollen o material, xogan ca forma e finalmente danlle unha funciòn.
Xustamente ò revès, logrando unhas obras mais artìsticas que funcionais cargadas de significados e que cuestionan ò deseño e à arte, dun xeito aparentemente inocente pero cheo de reivindicaciòns.
CadeiraVictoria regia, unha das moitas versiòns.

A mostra divideuse en dùas ubicaciòns; Vigo e A Coruña, (¿Serìa para que non se feriran sensibilidades?). Que à sùa vez, podemos separar en dous bloques:
Por un lado os obxetos que pertencen à colecciòn dos autores e que son regalos e lembranzas, que supoñen fonte de inspiraciòn para eles e explican algunhas das sùas obras .

Por outro as obras producidas para a exposiciòn ou recolleitadas de colecciòns e museos.
Este ùltimo grupo è o trascendente e supòn unha homenaxe à supervivencia, à superaciòn pero tamèn ò poder da natureza e à adaptaciòn ò medio e às circunstancias.

A obra destes autores , figura nas colecciòns permanentes do MOMA , Vitra Museum de Berlin, Museum of Decorative Arts de Montreal, Museo de Arte moderno de Sao Paulo, etc. ademais forma parte dos catalogos de empresas como Abitar, Alessi, Edra Grendene, Fontana Arte , etc.
Cadeira Fabela, con forma de trono, como homenaxe à creatividade dos habitantes da Favela. Este sirveu como modelo da editora Edra.Un exemplo do xeito de traballo dos autores: xuntar materiais e logo de xogar cas sùas posibilidades, crear unha composiciòn.

Os materiais , plàstico, madeira, coiro, cartòn, metal, textil, etc. son comùns pero a sùa mestura e o xeito de utilizalos, reconvìrteos en delicada poesìa con moitos elementos artesanais e en ocasiòns femininos.
Diamantina III, Asentos de bimbio con incrustaciòns de amatista, unha lembranza da chapada diamantina, perto de Belo Horizonte, no interior do paìs, uns famosos xacementos de pedras preciosas que seguramente coñeceremos, grazas à obra fotogràfica de Sebastiao Salgado : Os Galimpeiros.

O aspecto da obra està lonxe do pretencioso e ainda que non se expòn practicamente ningunha peza de producciòn industrial comercializada, hai series que lembran as sùas colecciòns Blow Up e Nuvem, da editora italiana Alessi.,
Reloxio da coleciòn Blow Up e cestos, floreiro e bandexa de forno da colecciòn Nuvem de Alessi. Obra comercial non exposta na mostra.

Un revulsivo recorrido, que cheo de flashes , debùxanos un futuro fascinante cheo de contrastes e ¿progreso?. Fainos lembra-lo noso pasado artesanal e recente, das nosas orixes rurais e proxèctanos no seu espello brasileiro.
Vistas de Sao Paulo( mais de 20 millòns de habitantes) e edificio do MASP, Museu de Arte de Sao Paulo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario