17/09/10

Pegatinas para casa.

Cando nos plantexamos renova-la decoraciòn da casa ou queremos muda-lo aspecto dalgùn recanto da sala, cuarto dos rapaces, distribuidor ou incluso o WC , inmediatamente imaxinamos un lugar con aspecto rexuvenecido.
Às veces con ou sen mobiliario novo, pero cas paredes doutra cor , con mais luz , pinta acolledora ou plantas vigorosas, modificaciòns que nos refresquen, nos renoven por dentro e nos fagan ve-la vida desde outro escenario.
Acto seguido imaxinamos mover todo de sitio, uns profesionais con mono branco , pintando con unha camiseta de tirantes, provocando unha desfeita e enlixando todo de tal xeito que se nos quitan as ganas de iniciar calquera acciòn, por moi revitalizante que sexa.
Hai uns anos que se atopou unha soluciòn para facer pequenos e significativos cambios na decoraciòn sen necesidade de manchar, sudar ou ver obreiros ( por moi ben que estèn) , tràtase dos stickers ou pegatinas de vinilo.

Stickers Bambù e pòla xaponesa

A firma que resulta das mais antigas è KMG, editora e distribuidora canadiense que ten feito desde papelerìa ata productos para museos, creada inicialmente por dous xogadores de baloncesto de EEUU nun estudio de deseño de Toronto.
Actualmente, con sò uns 15 empregados, consigue estar presente en tendas de Europa, EEUU e Xapòn.
Desde hai un tempo crearon a colecciòn Art Appliqué, que consiste en uns stickers de temas contemporaneos como graffiti, hip hop, infantil, manga, etc. Que ò ser autoadhesivos, pèganse con moita facilidade.

Work EquipmentPoppies
Stickers Coches e Amapolas.
Ven en paquetes de 2 follas cheas de pegatinas con unha temàtica, fàciles de aplicar,quitar e reemplazar. Pòdese reproduci-la imaxe do deseño ou compoñela con outra distribuciòn creada por nos mesmos con estas manciñas.
artappliquecatalogue
O resultado è sempre mellor do que se espera, si pasado un tempo nos fartamos de ve-la cana de bambù , sò temos que quitala e poñer outra cousa.
A U-LA Boutique tamèn lle gustan as pegatinas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario