22/06/10

O deseño que mata: moscas


Consultadas varias fontes, determìnase que estos animais dispoñen dun sistema de axuste da sùa posiciòn de descanso; para arrincar a voar na direcciòn oposta, cando se sinten ameazados.

Tendo en conta que poden responder con un movemento en 200 milisegundos, o ùnico xeito que hai de sorprende-lo insecto è non apuntar à posiciòn inicial, apuntar à posiciòn de escape.

È de supoñer que estes factores foron tidos en conta à hora de deseña-los matamoscas dos que ìmos falar.

Fly Flap, è un suxerente asasino con forma de à, con calados polos que pasar o ar para non avisa-las moscas da sùa aproximaciòn.
Està editado por invotis, que desde Holanda, traballa desde hai 15 anos; para ofrecer productos que se caracterizan polo seu contido poètico e as veces sarcàstico, pero sempre dàndolle a volta incluindo unha mensaxe reflexiva. O seu deseñador, de Rotterdam , Ramon Middelkoop (1971) traballa con Royal VKB, Duo Design ou Chi ha paura?.

Click here for larger version
Dr Skud, è un pràctico e estètico obxeto que se mantèn de pè, observando às sùas posìbeis victimas. Este efecto consìguese con un tramado de mais fino a mais groso, que è inalterabel. Pode parecer estampado sobre a superficie, pero non è asì; incluso visualizaremos o efecto do rostro sò en determinada posiciòn.

Està editado por Alessi, empresa familiar, xigante do deseño que desde 1921, traballa cos deseñadores mais prestixiosos do mundo. Comercializando desde pezas emblemàticas de aceiro, ata productos de plàstico mais lùdicos e divertidos, estos ùltimos, estàn sendo verdadeiramente criticados polos profesionais teòricos do deseño, por considerar que non son dignos.

O seu creador è Philippe Starck(1949), fillo dun deseñador de aviòns. Philippe seguramente terìa unha nenez repleta de chambonadas feitas por el mesmo e que se manifestaràn en toda a sua controvertidìsima traxectoria, que arrincando de director artìstico de Calvin Klein, òs seus 20 anos, o levou a deseñar desde controis remotos, TV, telèfonos, semàforos, ata a casa de goberno de F. Mitterrand, o Hotel Royalton, a boutique de J.P.Gaultier en Paris e incluso o tren de alta velocidade Eurostar.
Hoxe, na sùa "privilexiada" situaciòn è venerado e odiado contemporaneamente. Incluso el mesmo se cuestiona, seu papel, os seus deseños e a situaciòn actual do consumismo e a transcendencia do deseño.

Poderìa vir à nosa boutique con toda tranquilidade, aquì non o cuestionaremos,U-LA Boutique confìa nel.

Ningún comentario:

Publicar un comentario