17/10/14

POÑÉNDOSE A TONO...NO OUTONO.

Estirar o bo tempo non sempre é posible, pero disfrutar da luz radiante os días que nola agasallan é factible, incluso poderiamos pensar que é forzoso.


 photo DSC_4154.jpg

O café quente mentras  facemos un relaxante paseo polo monte ou unha rica infusión de herva luisa, é un verdadeiro gusto, que non convén despreciar.
Solucionado o sol, amañado o tema dos pinos, só nos falta o termo e estos son os que realmente ofrecen o que queremos.


Quen sabe cando voltaremos a ver o sol batendo na cara; o mellor é sentilo, aspirar os aires do més no que estamos e impregnarse dos cheiros que tantos sentementos evocan.

 photo DSC_4189.jpg

Se podemos xuntar os dous placeres, convertiremos o momento en inesquecible.
 Degustar o sabor do café quente ca pituitaria ainda saboreando o cheirume dos pinos, é un dos grandes regalos do outono.


Beber directamente só temos que desplazar a pequena tapa pra un lado e o contido será para nós. 

Se o que necesitamos é beber mentres regresamos a casa, con este modelo poderemos facelo con unha soa man, grazas ó seu pulsador que se acciona con un dedo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario