29/10/14

Plástico si, pero do bo.

Todas as creacións da firma alemana Koziol son feitas en  resina, ( plástico) de diferentes xeitos.

Moitos esquecen que, igual que no caso dos metais, hai moitas aleacións, no caso dos plásticos acontece algo semellante.

 Dispoñemos de moitísimas variantes e calidades que nos ofrecen unhas características distintivas e sobre todo, unha durabilidade e  rematados que nos alucinarán ou decepcionarán.


Non sempre sabemos apreciar o bo cando o vemos, pero no caso de  Koziol, é evidente a golpe de primeira vista, non hai nen que tocalo.
Un clásico da marca é o froiteiro descompoñible Babel, que lembra o de toda a vida, de tres pisos, pero, en versión contemporánea. 
É tan práctico e resultón que xa existen no mercado, torpes imitacións.



Babel está feito con plásticos 100% reciclables e tamén garantizan que non leva melamina nen BPA.



Desmontar e gardar, apto para unha casa pequena.Solucións contemporáneas a problemas de hoxe.




Ningún comentario:

Publicar un comentario