13/08/13

FIERAS DOMADAS?

¿ Quen non xogou a devorar ós seus amigos con cara de tigresa ou a guindarse do magnolio do parque, facéndose o mono?
Escondendo a súa auténtica identidade detrás da careta de entroido... pero e se sacamos a máscara todos os días para divertirnos cos sobriños... Que pasaría?



Mono, Koala, león ou Panda, tanto ten, o caso e brincar con un recurso rápido, efectista e...rentable.



Difrazarse en 3 segundos é facil, non pesan pois son de espumilla e teñen unha gomiña regulable que fará que vaian cómodas e cómodos a montar o circo durante un bo anaquiño de tempo.
Deseño de Héctor Serrano para a firma americana Kikkerland.
 Paquete de cinco unidades por 7.20€ na nosa Boutique.

Ningún comentario:

Publicar un comentario