09/08/13

Casas de amigos e regalos de cortesía.

INTRODUCCIÓN:
Todos temos amigos?... que nos invitan a estar con eles uns días, unhas mini vacacións ou unha paradiña na viaxe a outro lugar máis lonxano.
Se os visitamos e durmimos na súa casa, comemos o seu almorzo, tomamos os eu viño( ainda que sexa do Lidl)... queda mal non levarlles un detalliño. ¿ Non?
Facelos disfrutar deses momentos e non perder a amistade é unha garantía de que van estar sempre ahí.


CONSELLOS DE EXPERTOS. 
( Titulados e con master en Psicoloxía do regalado)

 Pois imos darvos, 5 Consellos básicos, para quedar ben e non gastar máis nos agasallos, que se fósemos a un superhotel:

1º: Regalar algo que sirva pra home, muller e neno. É dicir un só producto pra todos os da casa. Escapar de regalos personais, polo tanto da roupa,  e cousas supermasculinas ou superfemininas, tampouco  pode ser infantil.



2º: Buscar algo que non teñan xa, algo que non podan ter comprado eles ou que na sua área, sepas que non o vai haber. Non serven cousas demasiado básicas que sepas que incluso poden vender na ferretería da aldea.

3º: Escoller algo megaorixinal do que sexa imposible valorar o verdadeiro prezo de coste. Así nos aseguramos de que non pensen que somos cutres  e non quixemos gastar. Ás vecees hai amigos que son máis cutres eles que nos con estas ideas económicas.
Eye Spy

4º: Que sexa simpático, lúdico, que faga rir, así, se non acertas 100%, polo menos rídesvos un pouco todos e da conversa, distende o ambiente.

5º: Un pouco de rareza fará que se den conta que nos paramos a pensar neles en profundidade, polo tanto quere dicir que os queremos, que os apreciamos e nos tomamos molestias por eles.

Todos estos consellos resúmense nun: 


 Que cheguen á conclusión 
que nos teñen que corresponder 
porque os queremos moito, e desde logo 
comprar o regalo en U-LA Boutique, 
porque moitos dos seus productos non os venden
 en ningun sitio máis: 

O-RI-XI-NA-LI-DA-DE.


Ningún comentario:

Publicar un comentario