15/10/12

Superfluo e supernecesario.

Dende un taco de notas ata un boli  "raro".


Todo esto é aparentemente prescindible, pero...¡¡ canto máis feliz eres, cando te rodeas de poesía !!.

Taco de notas, por 4.95 €, na nosa WEB.

Marcar un libro con unha lupa planiña, de 2.8 aumentos, é un  práctico pracer.
Se é que ainda eres deses románticos, que teñen un libro na casa,( diferente do que trae os teléfonos e é de cor amarela).

Lupa marca libros, por 2.85 €, na nosa WEB.

Non só gustan ós odontólogos, protésicos, etc. As moas poden atraer a calquera ben sexa por que nos lembran a infancia e todos esos contos de dentes de leite; ben sexa por que son como pequenas esculturas de finos acabados.
Neste caso trátase de chinchetas para taboeiros de anuncios ou pezas magnéticas para o mesmo uso.
Iman moas, por 5.75 €, na nosa WEB.
Chinchetas moas, por 4.65 €, na nosa WEB.

Bolígrafos que reproducen un misto en vermello, (antes de prendelo) ou en negro,( despois de ser queimado); só nos despistará o tamaño. pois son máis grandes que un de verdade.

Bolígrafo misto vermello, por 2 €, na nosa WEB.

Esta calculadora con estética de iPhone, pero con tamaño XXL, pode ser un divertido obxeto de uso e de divertimento.
Calculadora, por 18.60 €, na nosa WEB.

Cintas adhesiva feitas de papel de arroz, as famosas Masking Tape, xaponesas, pero en versión metro.
Pra customizar axendas, marcos de fotos ou pra confeccionar un mural na parede.

Set de tres cintas, por 6.40 €, na nosa WEB.

Cintas adhesivas pra o teu dispensador de celo, que durme aburrido e deprimido, derriba da mesa despois de só coñecer cintas transparentes, durante toda a súa vida.
Set de 6 cintas, por 4.10 €, na nosa WEB.

Proponte modificar a oficina con pequenos-grandes cambios aparentemente insignificantes, pero...
 esenciais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario