04/10/12

Grandes cambios, pequenas cousas.


¿Como rexuvenecer unha casa, sen deixarse todo o presuposto dun mes?
Sen obras, sen cementos, obreiros e todo eso que non gusta a ninguén... pois con estratexías psicolóxicas, ¿ Como vai ser se non? dende a CIA ata a Policía Municipal todos usamos a Psicoloxía básica.

Se nas empresas aplican a terapia de grupo e nas escolas, o psicólogo ten sempre traballo, ¿ pensades que na vosa casa non vai axudar?

Desterremos a incredulidade. Con Kikkerland e os seus deseños renovadores.
Muiños de pementa, que se accionan co dedo pulgar. Pra sazoar un pouco, esas vidas debastadas polas noticias de Tele5.
Imaxínate con un rico prato de pasta e este muiño sofisticado enrriquecendo o menú.

Muiños de pementa One-handed, castaño, vermello, verde ou laranxa
por 10.95 €.

No momento de tomarte o teu conbinado favorito, pois aquí temos as palliñas de cores efecto op-art, cas que poderemos xogar mentres apuramos o Gin tonic.

Paquete de 144 palliñas azuis ou vermellas, por 6.95 €.

Utiliza tamén, nas tuas elaboradas copas, estes axitadores turbo, que ademáis de bonitos, son super eficientes.
Verás como todo sabe diferente e experimentas un optimismo inusitado e... que non sexa só polo alcohol !!!.

Set de seis axitadores, por 3.60 €.
¿ Queres descubrir quen come as galletas pola noite ?. Estas pinzas con son de animais, delatarán ó delincuente ou á bulímica que se esconde na habitación do lado.
Vaca, porquiño ou Moucho, cada un con seu son característico.
Pinzas con son, Moucho, porquiño ou vaca; por 6.20€.


Estás poñéndolle uns refrescos ou un Nestea ós amigos do teu fillo, entón emprega estes enfriadores con formas.

Pódense reutilizar cantas veces precises, abonda con lavalos entre cada uso e metelos no conxelador, previo á sua utilización.

Baixarán a temperatura rápidamente e o que é mellor, non permitirán que se adultere a bebida con auga, como no caso dos cubiños de xeo.


Kit de 6 enfriadores botellas, ou submarinos amarelos
por 3.50 € e buzos,por 3.85 €.


Reorienta o teu humor e quítate esa cara
 de circunstancias!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario