19/09/12

Ca imaxinación no día a día.

Non deixes de sorprenderte cas novidades da firma Londinense Suck Uk.


Anota con estilo, eso si, algo nostálxico; con lembranzas do videoxogo que máis che rompeu a cabeza na infancia. Ou regálallo ós que non chegaron a experimentalo ainda.
Este taco de 800 notas do tetris, por 8.20€, AQUI, na nosa páxina.

Os creativos de Suck UK, inspirados no videoxogo de bloques e líñas Tetris, crearon esta colección de tacos de notas encaixables con xeito de puzzle; que contan cas formas básicas e tradicionais do popular xogo de vídeo.

O portalapices, lapiceiro ou como lle chamemos a eso que se usa para manter un pouco de orde nas mesas de traballo, con forma de afia, é unha obra de arte popular que da gusto tocar e ver.

Feito en madeira de desfeito da industria do caucho, desas árbores que xa non dan caucho e son consideradas non servibles, despois de traballar tantos anos tránsfórmanse nunha peza de escritorio...que bonito !!.

Este portabolis de madeira da árbore do caucho, por 17.85€, AQUI, na nosa páxina.

Románticoprácticos marcadores para localizar unha interesante lectura ou para identificar o tema das oposicións, que caerá.

Con aspecto de casiña do Monopoli e con seis cores pra elixir.

Este taco de marcadores de páxinas, casa, por 2.20€, AQUI, na nosa páxina.


Poesía en U-LA Boutique

Ningún comentario:

Publicar un comentario