10/09/12

Axendas espectacuescolares de La Marelle.

Este ano escolar, todas ides desexar voltar ós 12 anos pra poder usar estas xoias da ilustración do século XXI.

A deseñadora-ilustradora e fundadora de La Marelle; Mlle Héloïse, volta a superarse con esta alfaia.


No interior, tamén ilustrado e cos días rotulados en varios idiomas, axúdanos a ordenar o noso tempo con un día laborable, por páxina e un sinfín de detalles bonitos.
Todiño feito con unha sensibilidade propia desta muller á que tivemos o pracer de tratar e que é un doce de persoa e unha xenial creativa.

Agenda scolaire 2012-2013

Fará as delicias da túa filla, sobriña, neta, prima, se non atopas a quen regalarlla, pensa que sempre podes facer amistade ca veciña do cuarto piso, pra pedirlle logo sal ou perixel cando o precises.
Agenda scolaire 2012-2013
Axenda Familia de Mlle Héloïse, por 14.90, na nosa Web.
Agenda scolaire 2012-2013
Axenda meniña de Mlle Héloïse, por 14.90,na nosa Web.


Non o penses moito, pois temos unidades contadas e La Marelle, non reeditará estas xoias, ata o curso que ven.

Feitas en francia ca clasificación "Imprim vert", que é algo a ter en conta e ademáis están dentro do programa "Objectif zero carbone", con proxectos respetuosos co medio ambiente.


Ningún comentario:

Publicar un comentario